Derrota con boa imaxe do Peixe Galego en Fuenlabrada (72-65)
Por Redacción
O Peixe Galego vólvese de baleiro de terras madrileñas despois de protagonizar un bo encontro na cancha dun dos colíderes da Adecco Prata, o Fundación Baloncesto Fuenlabrada (72-65).
Os de Marín, que empezaron o encontro encaixando un parcial de 23-13 en contra, repuxéronse no segundo cuarto e a pesar de ir sempre a remolque no electrónico non lle perderon a cara ao partido en ningún momento.
Así o conxunto 'peixe' chegou ao cuarto e decisivo período cinco puntos por detrás (58-53), mantendo intactas as súas opcións de vitoria ata os últimos minutos, momento no que o maior acerto local rematou por decantar a contenda.
A pesar da derrota o Peixe Galego mantense en oitavo lugar da clasificación con seis partidos gañados e oito perdidos.
FUNDACIÿN FUENLABRADA (72): Álvaro Lobo (9), Jorge Sanz (7), Rubén Martínez (16), Sergio Pérez (14), Chema González (2) -cinco inicial- Jon Ander Aramburu (16), Moungoro, Smits (4), Mendiola (4).
MARÍN PEIXE GALEGO (65): Manu Ferreiro (8), Luis González, Lucho Fernández (16), Joseba Aramburu (14), Albert Homs (16) -cinco inicial- Darío Suárez (3), Gregorio Adón (3), Dirugeris (9).
Árbitros: López Herrada e González Zumajo. Eliminado por faltas Smits no Fuenlabrada.
Parciais: 23-13, 16-20, 19-20, 14-12.
Incidencias: Partido disputado no Pabellón Fernando Martín de Fuenlabrada.