Severo correctivo (4-0) do Villalonga a un indefenso Pontevedra B
Por Redacción
Toma aire o Villalonga a custa dun inocente Pontevedra B, que pagou caros os seus erros defensivos encaixando unha severa goleada fronte aos discípulos de Julián Ferreiro, que foron netamente superiores durante todo o partido ao filial granate.
Machu, coa colaboración involuntaria do meta Adrián, abriría a conta para os de San Pedro, ao pouco de comezar, tras unha xogada mal defendida e que se inicia nun saque de banda. Jorge Fernández faría o segundo para os celestes antes do descanso, que practicamente sentenciaba o partido, dada a falta de perigosidade mostrada polo cadro visitante.
A segunda parte foi moi cómoda para os locais, que redondearían a goleada por medio de Jorge Fernández e Antonio, para volver achegarse aos postos altos da táboa clasificatoria.
VILLALONGA FC (4): Albor, Gabi (Adrián Santos, min.71), Leo, Cristóbal, Manu, Cuqui (Martin, min.59), Jorge Fernández (Ramón, min.66), Saúl (Juanito, min.66), Machu, Arias y Antonio.
PONTEVEDRA B (0): Adrián; Puyi, Uru, Marou, Dani Adán (Cuesta, min.46), Emilio, Ismael (Adrián Martínez, min.77), Paco, Collazo (Adrián Rosal, min.77), Héctor y Diego (Víctor, min.62).
Árbitro: Fontes Mosqueira (Santiago), auxiliado nas bandas por Montao Liñares e Calvelo Iglesias. Amonestou a Gabi polo Villalonga, e a Adrián e Puyi polo Pontevedra B.
Goles: (1-0) Minuto 12: Adrián (p.p.). (2-0) Minuto 35: Jorge Fernández. (3-0) Minuto 63: Jorge Fernández. (4-0) Minuto 70: Antonio.
Incidencias: Campo de San Pedro (Vilalonga). Uns 350 espectadores.