O Sanxenxo mantén o liderado en Preferente a pesar de pinchar na casa (0-0) ante o Portonovo
Por Redacción
O mellor estivo na bancada. Dúas afeccións rivais pero respectuosas que viviron o derby local de Sanxenxo animando cada un aos seus pero sen un só mal xesto para o contrario. E dous equipos en busca da vitoria que non defraudaron, cada un co seu estilo, a pesar das numerosas baixas coas que ambos os dous afrontaban o choque.
O empate final pódese considerar xusto, tras un partido vistoso, emocionante e con ocasións de gol para ambos os dous conxuntos. Mellor a primeira parte, na que o Sanxenxo foi lixeiramente superior, ou polo menos chegou con máis frecuencia á área rival.
Precisamente foron os amarelos os que tiveron a ocasión máis clara, pasado o minuto 15, por medio de Nel, que o intentou á media volta, dende o círculo central, vendo ao meta Alejo adiantado, pero o porteiro visitante reacciona a tempo e consegue tocar o balón para mandalo por enriba da travesa.
Para que nada faltase tamén houbo algo de polémica, cando no minuto 25 o árbitro puido mostrar a segunda amarela a Suso Vidal, que chegou tarde nun balón dividido impactando sobre Minso.
A segunda parte foi máis nivelada, pero tamén con menos xogo e ocasións. O Portonovo saíu mellor e conseguiu levar a iniciativa, á vez que frear as chegadas do Sanxenxo.
Co paso dos minutos ambos os dous preferiron asegurar o punto antes que arriscarse a unha derrota, chegando ao final cun xusto empate que permite ao Sanxenxo, grazas á picada do Ribadumia, manter o liderado.
XUVENTÿ SANXENXO (0): José; Darío, Minso, Deivi (Rober, min.72), Fon, Javi, Diego Blanco (Fiti, min.83), Dani (Fernando Aguín, min. 58), Cuchi, Nel y Hugo.
PORTONOVO SD (0): Alejo; Gándara (Marcos Dopazo, min.79), Iván Renda, ÿscar García, Suso Bea, Víctor, Diego Silva, Nacho, Luis Alberto (Suso Martínez, min.73), Alex Cubas y Suso Vidal.
Árbitro: Abel Bruzos (Lugo), auxiliado nas bandas por Coya Gómez e Corral García. Amonestou a Fon polo Sanxenxo, e a Suso Vidal, ÿscar García e Víctor polo Portonovo.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar de Arriba (Portonovo). Uns 550 espectadores.