Regresa de baleiro o Poio FS da súa visita ao FSF Rioja (4-2)
Por Redacción
Cinco xornadas levaba sen gañar o FSF Rioja, que necesitaba a vitoria e a conseguiu ante o Poio FS tras un intenso partido no que os dous equipos realizaron unha forte presión sobre a saída de balón do seu rival.
As rioxanas encontraron a tranquilidade que necesitaban ao marcar moi pronto, cando aos dous minutos de partido Eva Ortega remataba no segundo pau un centro de Shiori.
Non obstante o Poio logrou repoñerse do gol, conseguindo empatar por medio de Ceci, nunha xogada persoal culminada cun potente disparo raso dende fóra da área.
A estratexia resultaría decisiva cando aos once minutos o equipo local conseguía poñerse novamente por diante. Foi tras un lanzamento de esquina rematado cunha boa volea por Shiori. A situación repetiríase pouco antes do descanso, cando de novo un corner permite a Carmen bater a Silvia e facer subir o 3-1 ao marcador.
O Poio FS foise a polo partido na segunda parte, intentando a remontada, pero as rioxanas encontraron o que buscaban, sorprender á contra, para sentenciar o marcador. Foi tras unha boa triangulación entre Eva, Cristina e Carmen, que culminaba esta.
Quedaban 8 minutos. O adestrador visitante, Marcio Santos, opta polo xogo de cinco intentando recortar diferenzas, pero o gol de Elena, aproveitando un balón solto a rexeitamento en curto de Jessy, chegou demasiado tarde, cando faltaban menos de dous minutos para o final, e os puntos quedaron na casa.
FSF RIOJA (4): Jessy; Bea Martín, Shiori, Eva Ortega, Carmen -cinco inicial-, Criss, Jéssica, Bea Ascacíbar, Rebe e Lara.
POIO FS (2): Silvia; Kiko, Ceci, Claudia, Charo -cinco inicial- Paloma, Yoly, Peke e Elena.
Árbitros: Alberto Sarabia e Fernando San Miguel (colexio rioxano). Amoestaron a Yoly, do Poio.
Goles: (1-0) Minuto 2: Eva Ortega. (1-1) Minuto 7: Ceci. (2-1) Minuto 11 Shiori. (3-1) Minuto 16: Carmen. (4-1) Minuto 32: Carmen. (4-2) Minuto 38: Elena.
Incidencias: Pazo dos Deportes de La Rioja (Logroño). Uns 200 espectadores.