Pedro Crespo, procedente do Coruxo, é o elexido finalmente para substituir a Candela no Pontevedra
Por Alejandro Espiño
Por fin hai sustituto para Candela. Desde que se confirmou a súa saída do Pontevedra, tras recibir varias ofertas de Segunda B, o director deportivo do club, Milo Abelleira, comezou a rastrexar o mercado en busca un reforzo para o equipo. Atención especial puxo nos equipos galegos da categoría de bronce. Chegouse a tentear a Jorge Rodríguez, agora nas filas do Compostela, pero finalmente o elixido procede do Coruxo.
Ese é o último equipo no que militou o murciano Pedro Crespo. Trátase dun mediocentro de 24 anos de idade e 1.84 de estatura, un xogador de corte defensivo e con moita técnica, segundo destacan desde o club.
Incorporouse ao Coruxo o pasado mes de xuño procedente do Guijuelo, aínda que neste último equipo pasou un ano en branco debido a unha lesión no xeonllo, da cal está completamente recuperado. Ademais militou no filial do Deportivo e do Murcia.
O futbolista será presentado oficialmente nunha rolda de prensa que se celebrará o xoves ás 13.00 horas nas dependencias do Estadio Municipal de Pasarón.
Relacionadas:
-
Pedro Crespo, novo xogador do Pontevedra, asegura ter "olvidada" a súa grave lesión de xeonllo
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O Pontevedra tentea a Jorge Rodríguez para cubrir o oco deixado por Candela
Por Diego Espiño |
-
Candela abandona o Pontevedra tras chegar a un acordo co club
Por Diego Espiño |