Os erros en defensa e lanzamentos custan a derrota ao Cisne (33-34) fronte ao OAR Coruña
Por Redacción
Erros defensivos e falta de acerto nos lanzamentos dende os seis metros, unidos a unha actuación arbitral que na primeira parte prexudicou claramente aos locais, foron algúns dos factores claves para a mínima derrota do Cisne fronte ao OAR Coruña.
Os de Edín Covelo conseguiron levar a iniciativa na primeira parte, aínda que sempre con vantaxes mínimas, pero un baixón entre o minuto 10 e 20 da segunda parte levoulles a encaixar un parcial desfavorable de 2-6 que foi definitivo.
Nos últimos instantes o Cisne intentou enxugar a desvantaxe, pero faltoulle tempo e acabou perdendo pola mínima, desaproveitando igualmente a oportunidade de consolidarse na zona medio-alta da clasificación.
BM CISNE (33): Edu Alonso; Javi Vázquez (6), Rafa Dasilva (5), Edu Domínguez (7), David López (2), Rafa Gestido, Pablo Picallo (5) -sete inicial-, Yago (p.s.), Pablo Rey (1), Carlos Rodríguez (4), Miguel Simón, Andrés Sánchez (2), Álex Chan (1) e Iván Abilleira.
OAR CORUÿA (34): Nacho; Víctor (13), Pedro (3), Alfonso (1), Miguel (6), Fabián (5), César -sete inicial-, Cristian (p.s.), Sergio (6), Picado, Suárez e Casal.
Árbitros: Rodríguez Estévez e Rosendo López (Galicia). Excluíron por dous minutos a Rafa Dasilva (2), Edu Domínguez (2), Carlos Rodríguez (2) e Miguel Simón, polo Cisne, e a Sergio, Fabián e Alfonso (3, descualificado no minuto 56), polo conxunto coruñés.
Marcador (cada cinco minutos): 2-3, 5-7, 9-9, 12-11, 15-14, 18-18 (descanso), 21-20, 23-23, 23-25, 25-29, 29-31, 33-34 (final).
Incidencias: Pavillón do CGTD (Pontevedra). Uns 100 espectadores.