O Pontevedra regala os tres puntos a un Badajoz que quere manter a categoría (1-0)
Por Almu Dapena
Co descenso asegurado por parte do Pontevedra CF desde a xornada pasada, os granates afrontaron o penúltimo duelo da tempada ante un Badajoz obrigado a gañar e que cumpriu aproveitando un erro garrafal de Álvaro Cortés para durmir unha semana máis nos postos dunha permanencia que se decidirá a semana que vén.
Saltou ao verde moi insistente o conxunto local, poñendo en aprietos a Álvaro Cortés xa no minuto tres de xogo. Balón á banda a Adison Méndez, este xutou, o gardameta granate desviou e o rexeite cazouno Carlos Calderón, pero de novo apareceu Cortés para evitar o primeiro tanto.
Pasaban os minutos e os nervios fóronse apoderando do Badajoz, mentres o Pontevedra ía collendo as rendas do xogo e tiña nun chute desde a frontal de Álex González a súa primeira ocasión.
Co empate sen goles comezou o segundo tempo e, da mesma maneira que na primeira, o conxunto local saíu con ganas de anotar pronto o gol que lle dese certa tranquilidade.
Probou fortuna David Soto tras aproveitar un erro de Masogo, que non mediu ben, e pouco despois Jesús Alfaro tivo a máis clara do partido cun disparo que se estrelou na madeira.
E como vén sendo habitual, a través dun erro defensivo chegou a condena para os granates. O primeiro aviso chegou nun fallo na saída de balón que recuperou Jesús Alfaro para ceder a Gorka Santamaría, pero o seu enviou foise alto por moi pouco este enviou alto por moi pouco; e, no segundo, con todo, non houbo perdón.
Ingresou no terreo de xogo Francis Ferrón e, dous minutos despois, no primeiro balón que tocou, aproveitou un erro garrafal de Álvaro Cortés, ao que se lle escapou o balón das mans, para anotar o 1-0 a porta baleira.
Aínda quedaba máis dun cuarto de hora por disputarse e Juan Señor moveu ficha, pero as ocasións por parte dos granates brillaban pola súa ausencia. Pola contra, o Badajoz puido facer o gol da tranquilidade case sobre o engadido, pero Borja García estrelou o balón no traveseiro.
Acabou o partido cun agónico final no que o colexiado mostrou tarxeta vermella ao segundo adestrador do Badajoz e ao adestrador de porteiros do Pontevedra.
CD Badajoz (1): Miguel Narváez, Borja García, Carlos Calderón (Santiago Müler, min. 88), Jannick Buyla, Jesús Alfaro, Gorka Santamaría (Matías Pérez, min. 88), José Mais (Zelu, min. 56), Adilson Mendes, Juanmi García, David Soto (Francis Ferrón, min. 71) e Edu Sánchez.
PONTEVEDRA CF (0): Álvaro Cortés, Samu Araújo (Martín Diz, min. 82), Miguel Román, Álex González, Brais Abelenda, Yelko (David Soto, min. 62), Álex Masogo (Rufo, min. 81), Derik, Charles (Guèye, min. 68), Borja Domínguez e Seoane (Anxo Bastos, min. 62).
Goles: 1-0, Francis Ferrón, min. 73.
Incidencias: Partido da xornada 37 de liga en Primeira RFEF disputado no Novo Vivero
Relacionadas:
-
Así manexou o vestiario granate o intento de compra do Badajoz: Reunión no hotel e comunicación ao club e a AFE
Por Diego Espiño |
-
Investigan o intento de compra do Badajoz-Pontevedra en Primeira RFEF
Por Diego Espiño |
-
Empate dun digno Pontevedra fronte ao Depor no día do adeus de Charles (1-1)
Por Diego Espiño |
-
Juan Señor quere unha vitoria contra o Deportivo "e irnos coa sensación da cabeza alta"
Por Almu Dapena |
-
Ex compañeiros de Charles e veteranos do Celta mediranse nun partido homenaxe ao dianteiro brasileiro
Por Diego Espiño |
-
Juan Señor: "Teníamos mucha ilusión por ganar de nuevo"
Por Redacción |
-
O día en que Pep Guardiola puido ser adestrador do Pontevedra
Por Ramiro Espiño |
-
Señor deixa no aire o seu desexo de continuar en Pasarón: "Terminarei a tempada e o que veña despois xa procederá"
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra, xuíz na loita polo descenso e polo play-off
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que vén: xogadores con contrato, procura de adestrador, dirección deportiva...
Por Diego Espiño |
-
Alta demanda de entradas na Coruña para a última xornada ligueira en Pasarón
Por Redacción |
-
A tempada do Pontevedra en Primeira RFEF: O que mal empeza...
Por Diego Espiño |
-
Unha homenaxe a Charles sen previo aviso e con amargo final: "Non quería terminar a miña carreira así"
Por Diego Espiño |
-
Xa é matemático. O Pontevedra descende e xogará a próxima tempada na Segunda RFEF
Por Diego Espiño |