Xa é matemático. O Pontevedra descende e xogará a próxima tempada na Segunda RFEF

Por Diego Espiño
O empate deste sábado fronte a Unionistas deixaba o Pontevedra Club de Fútbol pendendo dun fío moi fino e con pé e medio na Segunda RFEF.
Pois ben, ese fío terminou por romper este domingo tras a disputa do resto de encontros da xornada, na que algúns dos rivais directos dos granates sumaron facendo imposible xa matematicamente a permanencia a falta de dúas xornadas para o final da competición.
Desta forma, e para todos os efectos, o Pontevedra é equipo de Segunda RFEF e xogará a próxima tempada na cuarta categoría do fútbol nacional.
Aos granates só lles valía o triunfo para prolongar, polo menos unha semana máis, as súas esperanzas sen mirar a campos rivais, pero o empate en Pasarón deixaba todo pendente de varios encontros.
Por unha banda o Ceuta goleaba na matinal do domingo ao Talavera e íase aos 43 puntos, así que había que centrarse no Badajoz fronte ao Racing de Ferrol na Malata e o partido que debían disputar dous rivais directos, Fuenlabrada e Balompédica Linense. Se algún dos tres gañaba elevaba a fronteira da salvación máis aló dos 6 puntos que quedan en xogo.
Iso sucedeu no duelo directo, que se disputaba ás 16.00 horas, sen esperar ao resultado do Badajoz, que era o que marcaba con 40 puntos a zona de permanencia. Cun gol no tempo de desconto o Fuenlabrada levaba os 3 puntos en xogo para poñer ao seu equipo con 42 e certificar de paso o descenso granate.
Con ese resultado e 35 puntos no seu marcador, é xa imposible para o Pontevedra escapar do pozo, nin sequera gañando o vindeiro sábado en Badaxoz e a última xornada contra o Deportivo en Pasarón. Ambos os dous duelos iso si se manterán en horario unificado os sábado 20 e 27 de maio (19.30 horas) ao ter aínda obxectivos en xogo os rivais do equipo granate.
A crónica dunha morte anunciada.
Relacionadas:
-
O Pontevedra regala os tres puntos a un Badajoz que quere manter a categoría (1-0)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra, xuíz na loita polo descenso e polo play-off
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra que vén: xogadores con contrato, procura de adestrador, dirección deportiva...
Por Diego Espiño |
-
Alta demanda de entradas na Coruña para a última xornada ligueira en Pasarón
Por Redacción |
-
A tempada do Pontevedra en Primeira RFEF: O que mal empeza...
Por Diego Espiño |
-
Unha homenaxe a Charles sen previo aviso e con amargo final: "Non quería terminar a miña carreira así"
Por Diego Espiño |
-
Juan Señor: "Estoy absolutamente hecho polvo, decepcionado y enfadado"
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra asómase ao precipicio de Segunda RFEF tras empatar ante Unionistas (1-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra publica o prezo das entradas para o último partido de liga fronte ao Deportivo: a máis barata, a 20 euros
Por Diego Espiño |