Kilian Ramírez únese a Carlos Álvarez e pon rumbo ao Ademar
Por Diego Espiño
Catro xornadas restan para a conclusión da Liga Asobal, pero os equipos empezan xa a moverse para planificar a próxima tempada.
Nese sentido o Ademar de León volveu a poñer os seus ollos en Pontevedra e no Club Cisne.
Ademais do extremo pontevedrés Carlos Álvarez, que proseguirá a súa prometedora carreira en León, outro compañeiro no actual persoal cisneísta comprometeuse co club leonés.
Trátase do gardameta canario Kilian Ramírez, poñendo así fin a dous anos en Pontevedra, cidade á que chegou primeiro para militar no Teucro en División de Honra Prata pasando no verán ao Cisne co reto de xogar na máxima categoría.
A pesar da complicada situación en liga Kilian foi ata a data uno dos xogadores destacados da tempada no equipo adestrado por Javier Márquez, o que lle valeu para dar o salto ao Ademar cun contrato que, todo apunta, será de dúas tempadas de duración.
O porteiro seguirá defendendo a meta do Cisne ata final de curso coa misión de seguir pelexando, mentres as matemáticas o permitan, por unha permanencia xa case imposible.
Relacionadas:
-
Emotiva despedida de Carlos Álvarez como xogador do Cisne: "Será sempre o club da miña vida, o club do meu corazón"
Por Diego Espiño |
-
Gualther Furtado renova e apúntase ao proxecto do Cisne en Prata
Por Diego Espiño |
-
Un combativo Cisne cae ante o Barcelona e despídese de Asobal (41-30)
Por Redacción |
-
O Cisne afúndese tras o descanso co Valladolid e reduce ao mínimo as súas opcións de permanencia (29-33)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O extremo canario Alberto Delgado comprométese co Cisne para as tres próximas tempadas
Por Diego Espiño |
-
Carlos Álvarez e Álex Chan, candidatos do Cisne para entrar no All-Star Team da Liga Asobal
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Mateo Arias anuncia a súa renovación co Cisne ata 2025 cunha emotiva mensaxe
Por Diego Espiño |
-
'Operación Quilómetro': O Cisne repite fórmula para custear o Campionato de España de Xuvenil
Por Redacción |
-
Un mal inicio de segundo tempo condena o Cisne en Torrelavega (32-26)
Por Almu Dapena |
-
Un gran Cisne leva o derbi e agárrase ás súas opcións de permanencia na Liga Asobal (33-31)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |