O Pontevedra tentea a Jorge Rodríguez para cubrir o oco deixado por Candela
Por Diego Espiño
Tras a marcha de Candela o director deportivo do Pontevedra, Milo Abelleira, rastrexa estes días o mercado en busca dun reforzo con especial atención aos equipos galegos da Segunda B.
Nesa situación Abelleira tenteou o ex-xogador granate Jorge Rodríguez, actualmente nas filas da Sociedad Deportiva Compostela.
O futbolista, que apenas contou con minutos na presente tempada, non entra nos plans de Fredi e así fíxollo saber o adestrador, que lle deu permiso para cambiar de destino.
Despois desta conversa o xogador, que pode actuar tanto en defensa como o centro do campo, reuniuse co director deportivo do club santiagués, Julio Prol, quen xa lle avanzou un suposto interese granate antes de que Jorge Rodríguez recibise a chamada de Milo Abelleira, con quen coincidiu nas filas do Celta B.
Rodríguez sen embargo é partidario polo momento de continuar na Segunda División B e móstrase reticente a descender de categoría perdendo parte das retribucións que ten aseguradas no Compostela.
Ademais do interese do Pontevedra, outro equipo de Terceira División dirixiuse ao xogador para coñecer a súa situación e intentar a súa fichaxe. ÿ o caso do Racing Villalbés.
Relacionadas:
-
Jacobo, preto de pechar a súa volta ao Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pedro Crespo, procedente do Coruxo, é o elexido finalmente para substituir a Candela no Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
Dous meses de calendario accesible para consolidarse nos primeiros postos
Por Diego Espiño |
-
Candela abandona o Pontevedra tras chegar a un acordo co club
Por Diego Espiño |