Un derbi "de urxencias" para un Cisne que busca seguir con vida na Liga Asobal
Por Diego Espiño
Sen marxe para o erro. Así afronta o Club Cisne Balonmán a festa do balonmán galego, o segundo derbi da tempada fronte ao Balonmán Cangas que se disputará este sábado 15 de abril (17.00 horas) no Pavillón Municipal dos Deportes.
A seis xornadas para o final da competición e con 12 puntos en xogo, os pontevedreses están a seis puntos da zona de salvación, unha zona que marca precisamente un Cangas rival directo no obxectivo.
"É un derbi máis ben de urxencias", recoñece o segundo adestrador do Cisne, Quiños, sobre un partido "que o que gañe vai saír reforzado aínda que non sexa definitivo".
Quiños encomiou ao seu próximo rival, do que destaca "unha boa 6-0, xogan ben as transicións e en ataque son pacientes para atopar os ocos", aínda que como en todo duelo de rivalidade "o que consiga xestionar mellor os malos momentos e os nervios levará o gato á auga".
Todo iso dentro dun ambiente de gala que se espera no Pavillón Municipal, con importante presenza de seguidores visitantes.
Relacionadas:
-
Un gran Cisne leva o derbi e agárrase ás súas opcións de permanencia na Liga Asobal (33-31)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Entradas a 18 euros para un derbi de Asobal entre Cisne e Cangas vital pola permanencia
Por Redacción |
-
O Cisne atúa durante 45 minutos a un Bidasoa que acabou goleando (42-31)
Por Redacción |