35 equipos de seis categorías gozan do fútbol sala no Torneo de Reis Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Mónica Patxot
O Leis Pontevedra organiza estes días, 3 e 4 de xaneiro, a primeira edición do Torneo de Reis Cidade de Pontevedra de fútbol sala.
Coa intención de "fomentar e difundir a práctica do fútbol sala", o evento logrou reunir 35 equipos nas diferentes categorías.
En total preto de 400 nenos participan no torneo dende a idade baby ata a cadete, con dúas xornadas intensivas no Pavillón Multiúsos da Xunqueira e no Pavillón Municipal dos Deportes, xogándose as finais durante a tarde do sábado 4 no segundo deles.