Baltar acolle o primeiro curso Nacional B para adestradores de fútbol praia
Por Redacción
A praia de Baltar, en Portonovo, acolleu o primeiro curso Nacional B para adestradores de fútbol praia, organizado pola Escola Galega de Adestradores dirixida por Iván Cancela.
O curso realizouse de forma online a parte teórica e presencial a práctica, nun campo habilitado en Baltar.
O presidente da RFGF, Rafael Louzán, acompañou na tarde deste venres aos 33 alumnos inscritos nun curso que conta con dous profesores de luxo, o seleccionador español de fútbol praia, Christian Méndez, e o seu axudante Jesús Sánchez.
Esta é a máxima titulación que se pode obter para adestrar a calquer equipo de fútbol de praia e representa, explican desde a Futgal, "un gran paso para o desenvolvemento desta especialidade deportiva, xa que a partir de agora haberá 33 técnicos coa capacitación necesaria".
A Federación ten previsto continuar coa súa aposta por este deporte formando equipos e competicións.