O Cisne dá a badalada ante o Cuenca e abandona o faroliño vermello (30-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Club Cisne Balonmán regresou pola porta grande tras o parón da liga Asobal para dar a badalada ante o Cuenca, ao que superou por 30-28 nun final de partido de infarto.
A efectividade en ataque de Carlos Álvarez (7/8), Mateo Arias (6/6) e de Chan (8/11), sumado ao 30% de Kilian Ramírez en paradas, foron claves para dar os dous puntos ao conxunto pontevedrés, que grazas a esta vitoria abandona por fin o faroliño vermello da clasificación.
O partido comenzó cun parcial de 5-2 por parte do Cisne grazas a un gran Kilian Ramírez que empezaba cunha alta porcentaxe de intervencións.
Ademais, as operacións defensivas do conxunto cisneísta saían á perfección e provocaban unha serie de saídas ao contragolpe coas que castigaban a un Cuenca impotente que perdía o balón en liña de seis metros e traducíanse nun 10-4 no marcador.
Parou o tempo o técnico visitante para reverter a situación do seu equipo, pero seguiron incapaces de levantar cabeza, excedidos por Mateo Arias e Carlos Álvarez, que enchufaba tres goles seguidos, e complicaban aínda máis as cousas ao seu opoñente (14-6).
Con esa cómoda vantaxe alcanzáronse os últimos 5 minutos da primeira metade, nos que o Cuenca moveu o seu banco, optou por unha defensa 5-1 e empezou a calibrar para recortar diferenzas e enviar o partido ao descanso nun resultado de 15-10.
No arranque do segundo tempo volveu coller carrerilla o conxunto pontevedrés e colocouse cunha renda de seis goles. Lidio Jiménez detivo o cronómetro moi pronto e, apoiándose en Joaquím Nazaré, o Cuenca pegou un pequeno estirón aproveitando tamén a superioridade numérica pola exclusión de Cavalcantti para responder achegándose a unha barreira de dous goles que aínda non foran capaces de traspasar (min. 19, 23-21).
Retomou a vantaxe de catro tantos o Cisne cando se chegou aos últimos 5 minutos, adiantou a defensa o conxunto manchego para recuperar rápido o esférico e puxo o partido patas para arriba e aos de Javi Márquez en apertos. Sobre todo cando a vitoria empezou a perigar ante a arrancada final dos visitantes, que se colocaron a tan só un gol do empate cando quedaba tan só minuto e medio por disputarse (27-26).
O técnico cisneísta parou o tempo e produciuse un intercambio de golpes a pesar dos intentos do Cuenca de tentar recuperar rápido. Con todo, a Mateo Arias non lle tremeu o pulso no momento decisivo e, de forma acrobática, enchufó o balón de vaselina. Respondeu Nazaré desde os sete metros anotando o 29-28 e Pombo, sobre a bucina, pechaba definitivamente o duelo asinando o 30-28.
Estes dous puntos supoñen un paso de xigante por parte do Club Cisne Balonmán, que abandona por fin o faroliño vermello da liga Asobal e permítese crer na permanencia.
Consulta as estatísticas nesta ligazón
Relacionadas:
-
Entradas a 18 euros para un derbi de Asobal entre Cisne e Cangas vital pola permanencia
Por Redacción |
-
O Cisne atúa durante 45 minutos a un Bidasoa que acabou goleando (42-31)
Por Redacción |
-
O Cisne estrélase contra o muro cordobés (27-30)
Por Manu Otero |
-
Un apagamento ofensivo condena o Cisne á derrota en Huesca (35-24)
Por Manu Otero |
-
O Cisne quere manter o seu cartel de mataxigantes en Huesca
Por Redacción |
-
O Cisne, a por outra final pola permanencia ante o Cuenca
Por Redacción |
-
O Cisne dá a cara en Granollers pero non é suficiente (37-24)
Por Manu Otero |
-
O Cisne papou o León (43-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |