Antía Chamosa, bronce no Nacional de marcha, consegue a mínima para o Mundial de Budapest
Por Almu Dapena
A atleta pontevedresa Antía Chamosa logrou este domingo a marca mínima esixida pola Federación para poder participar no Mundial de Atletismo que se celebrará en Budapest entre o 18 e 27 de agosto deste mesmo ano.
Chamosa, que competiu este domingo no Campionato de España de 20 quilómetros marcha celebrado en Córdoba, finalizou en terceira posición tras parar o crono en 1 hora 31 minutos e 27 segundos.
Este tempo supón a medalla de bronce no nacional, a mínima para o Mundial de Atletismo (1 hora 32 minutos) e, ademais, un novo récord galego tras superar en cinco segundos a plusmarca de Lorena Luaces lograda no ano 2013.
A Antía Chamosa só a superaron unha imparable María Pérez que, cun tempo de 1:25:30, rebaixou en máis dun minuto o seu propio récord de España, unha marca coa que tamén logrou a mínima olímpica para París 2024; e Raquel González, que foi segunda con 1:30:13.
Do mesmo xeito que estas tres, a marchadora catalá Cristina Montesinos (cuarta con 1:31:48) tamén logrou a mínima para o Mundial de Budapest.
Relacionadas:
-
Antía Chamosa representará a España no 20 km marcha do mundial de Budapest
Por Manu Otero |
-
O equipo nacional de 20 quilómetros marcha, con Antía Chamosa, a tres puntos do bronce no Europeo de Podebrady
Por Redacción |
-
Antía Chamosa consegue o bronce no campionato de España de marcha
Por Redacción |
-
Antía Chamosa e a súa odisea no Europeo: "A partir do quilómetro 10 empecei a vomitar"
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa suma experiencia internacional cun posto 15 no Europeo de Munich
Por Diego Espiño |
-
Antía Chamosa, convocada para o Europeo Absoluto de Atletismo en Munich
Por Redacción |
-
Os irmáns Chamosa establecen un novo récord galego nos 10 quilómetros marcha
Por Redacción |