O taekwondista Iván García recibe o apoio da Xunta na súa carreira cara a París 2024
Por Redacción
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo este mércores unha xuntanza co taekwondista galego, Iván García, que ocupa unha praza de residente externo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, acompañado polo presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz.
O dirixente subliñou o gran traballo que está a facer o taekwondo galego, ao destacar os resultados de deportistas de primeiro nivel como Arlet Ortiz, Sara Cortegoso ou Tania Castiñeira, ademais doutros novos valores que están a irromper no panorama internacional como Helena García, Noa Romero ou Javier Otero.
Sen embargo, Lete Lasa personalizou na figura de Iván García como un dos taekwondistas galegos máis laureados e confiou na súa participación nos Xogos Olímpicos de París 2024, xa que o seu palmarés amosa importantes logros como as dúas medallas de prata conseguidas en 2022 no Campionato de Europa de Manchester, así como no Campionato do Mundo de Guadalaxara (México) na categoría de +87 kilos.
Ademais de formarse no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, Iván García é deportista galego de alto nivel, recibindo axudas DGAN desde 2018 por importe de 8.550 euros, sendo a última delas, recibida en 2022, a máis cuantiosa, de 4.000 euros.
Relacionadas:
-
Agridoce bronce de Iván García na final do Grand Prix, ao quedar sen praza olímpica
Por Diego Espiño |
-
Arlet Ortiz despídese do Mundial de taekwondo en oitavos de final tras caer coa campioa de Europa
Por Redacción |
-
Iván García, Arlet Ortiz e Sara Cortegoso dan forma á armada pontevedresa para o mundial de taekwondo
Por Redacción |
-
Ouro e dobrete de prata no Open de España da man de Segio Troitiño, Arlet Ortiz e Sara Cortegoso para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción |
-
Iván García e o seu club, o Mat's de Marín, premiados pola federación nacional de taekwondo
Por Redacción |
-
O taekwondista Iván García, operado con éxito dunha rotura de menisco
Por Redacción |
-
Iván García, disparado ata o segundo posto do ranking olímpico tras a súa prata mundialista: "É unha pasada"
Por Diego Espiño |
-
Baño de prata para Iván García no mundial de taekwondo
Por Manu Otero |
-
Iván García, un marinense convencido de poder chegar aos Xogos: "Vai estar na miña man"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |