Vílchez, do TM Monte Porreiro, proclámase campión de España absoluto no dobres masculino
Por Redacción
O xogador do Tenis de Mesa Monte Porreiro Miguel Ángel Vílchez proclamouse este mércores campión de España absoluto na modalidade de dobres masculino.
A cidade de Xaén acolleu desde primeira hora da mañá as roldas finais dos campionatos de España. Tras a disputa das finais do dobre mixto e do feminino, chegaba a quenda do xogador do equipo pontevedrés que, acompañado por Carlos Franco, do Irún Leka Enea, foi capaz de impoñerse con solvencia á parella xornada por Ángel Ayuso e Rafael de las Heras.
As finais disputáronse no Palacio de Deportes Esquezo Area de Xaén e foron emitidos en directo a través das plataformas televisivas da Federación Española de Tenis de Mesa e de TVE.
"O noso Vili Vilchez proclámase campión de España na modalidade de dobres co xogador do Irún Leka Enea Carlos Franco", celebraron desde o Tenis de Mesa Monte Porreiro a través das súas redes sociais.
Relacionadas:
-
O L'Escala rompe a serie de oito partidos sen perder do TM Monte Porreiro (4-1)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro supera o invicto Priego e sela a súa clasificación europea (4-1)
Por Redacción |
-
O TM Monte Porreiro arranca un punto na complicada cancha do Universidad de Burgos
Por Redacción |
-
Tripla medalla de bronce para o TM Monte Porreiro no nacional de Xaén
Por Redacción |
-
O pavillón co que Pontevedra quere ser a referencia galega do tenis de mesa
Por Alejandro Espiño |
-
O Monte Porreiro segue escalando posicións tras superar con contundencia o Sanse (4-0)
Por Redacción |