A parada de penalti de Cacharrón, incluída tamén entre as catro mellores da xornada en Primeira Federación
Por Manu Otero
Primeiro foi o gol á media volta de Charles, agora é a parada de Cacharrón ao penalti do Linares a incluída pola Primeira Federación na súa habitual enquisa semanal para elixir os mellores goles e paradas da xornada.
A través do seu perfil oficial de Twitter, a Primeira Federación manterá activa ata o venres unha enquisa na que convida os usuarios a elixir a mellor intervención dos catro gardametas seleccionados: Pablo Cacharrón (Pontevedra CF), Ackerman (A Nucía), Palomares (Mérida) ou Ispizua (Atheltic B).
A acción do gardameta lucense foi vital para que o Pontevedra asegurase os tres puntos fronte ao Linares. Ao redor do minuto 70 de xogo, os andaluces poderían reducir ao mínimo a renda dos granates, pero a estirada de Cacharrón, que sacou un disparo axustado ao pau de Lolo González, deixou en nada o penalti cometido por Soto.
¡¡PARADAS SALVAJES!!
— Primera Federación (@Primera_RFEF) March 21, 2023
¿¿Elegimos juntos la mejor de la 28ª JORNADA??
@Pablocach13 | @PontevedraCFSAD
@facu1ackfab | @cfnucia
Palomares | @Merida_AD
@ibon_ispizua | @AthleticClub B
pic.twitter.com/caEfqrXmWu
A falta de 48 horas para o peche da votación, a parada do porteiro granate acumula o 28,6 % dos votos e sitúase en segunda posición, moi lonxe do primeiro debido a que ocupa Palomares co 58,2 % dos votos. O gardamallas do Mérida demostrou os seus reflexos para mandar a córner un potente disparo raso desde a interior da área no enfrontamento que mediu ao equipo romano co Real Madrid Castela.
Na outra enquisa, Charles vai tamén segundo recortando distancias co tanto desde fóra da área de Blázquez, de Unionistas.
Relacionadas:
-
O Rayo Majadahonda castiga a falta de acerto do Pontevedra (2-1)
Por Almu Dapena |
-
Boas noticias no Pontevedra para outra final contra o Rayo Majadahonda: "Case todos están a punto menos algunha mínima excepción"
Por Almu Dapena |
-
O gol de Charles ao Linares, entre os catro nomeados a mellor tanto da xornada en Primeira Federación
Por Manu Otero |
-
Que ninguén dea por morto ao Pontevedra de Juan Antonio Señor (3-1)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Debut de Señor no banco de Pasarón con triunfo que permite o Pontevedra ver a luz ao final do túnel (1-0)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Fuenlabrada reduce a un Pontevedra que xogou máis de 50 minutos en inferioridade (2-1)
Por Almu Dapena |