Alejandro Luna, do Supermercados Froiz, campión da etapa raíña na Volta a Estremadura
Por Redacción
Sábado redondo para o GD Supermecados Froiz na etapa reina da Volta a Estremadura coa vitoria de Alejandro Luna e un segundo posto por equipos.
Foi unha gran etapa de todo o equipo. Produciuse un corte de Fernando Santos na escapada e, a 15 quilómetros de meta, probouno, e foise só.
Con todo, por detrás ía outro grupo entre os que estaba Alejandro Luna, deu caza ao seu compañeiro e xuntos foron ata pé de porto para que Luna cruzase a liña de meta en solitario. José Autran, outro dos corredores do Froiz, tamén entrou no grupo de favoritos cun décimo posto na xeral, o que permitiu á escuadra alimenticia facerse co segundo posto por equipos.
En Zamora, pola súa banda, produciuse unha fuga a 27 quilómetros de meta de 6 corredores onde se meteu Vicente Rojas, chegando ao sprint final conseguindo un meritorio terceiro posto.
O Froiz, neste caso, logrou a primeira praza por equipos asinando unha boa actuación no Trofeo Ayuntamiento de Zamora.
Relacionadas:
-
O Froiz festexa o triunfo de Vicente Rojas no Campionato Panamericano
Por Redacción |
-
Álvaro Navas, do Supermercados Froiz, demostra todo o seu potencial no nacional de ciclismo en pista
Por Redacción |
-
O Supermercados Froiz inicia cunha crono por equipos o seu asalto á Volta a Estremadura
Por Redacción |
-
Rojas e Rodríguez levan ao Supermercados Froiz ao segundo posto de equipos non profesionais en Portugal
Por Redacción |
-
Sen rastro das catro bicicletas roubadas ao Supermercados Froiz
Por Manu Otero |
-
Triplo top 10 para o Supermercados Froiz nunha intensa fin de semana
Por Manu Otero |