O Teucro quere prolongar o seu bo momento na cancha do penúltimo

Por Redacción
O Teucro quere prolongar o seu bo momento de forma cun novo triunfo. Despois de derrotar ao Cañiza, os de Irene Vilaboa acumulan sete partidos sen perder e este sábado ás 20 horas vistan ao Calvo Xiria, pernultimo clasificado, coa intención de ampliar a serie.
Os locais marchan na penúltima posición da táboa con 15 puntos e só gañaron un partido do últimos cinco, polo que o equipo azul é optimista e confía en sumar un novo triunfo que lle permita seguir escalando postos na táboa.
Tras un mal inicio de tempada, o Teucro atopou por fin a regularidade neste 2023. Os azuis só perderon dous dos nove encontros disputados este ano e atópanse nunha cómoda novena posición na táboa, lonxe da zona de descenso pero tamén dos postos que dan acceso a pelexar polo ascenso.