A Gimnástica coa dous atletas nas finais dos campionatos de España sub 18
Por Redacción
Os atletas da Sociedad Gimnástica Alejandro Villaverde e Matías Moldes quedaron en cuarta e oitava posición, respectivamente, nos campionatos de España sub 18 de pista cuberta que se celebraron a pasada fin de semana en Salamanca.
En salto con pértega, Villaverde quedou ás portas do pódio. O saltador foi capaz de superar o listón sobre 4,11 metros que o situou en cuarta posición empatado con outros tres atletas. Con todo, o premio da cuarta posición caeu no ximnástico polo criterio do concurso limpo, posto que Villaverde non derrubou o listón en ningún dos seus intentos.
Pola súa banda, Moldes foi oitavo en heptatlón cun total de 4.457 puntos. Os 60 metros valos, nos que marcou un tempo de 8:63, foi a súa mellor participación e lle granjeó un total de 816 puntos. Tamén brillou no salto de lonxitude cunha marca de 6,10 metros.
Doutra banda, na Fundación Expourense celebrouse o Campionato Gallego sub16 baixo teito, no que destacaron as ximnásticas Sabela Martínez, medalla de ouro nos 1.000 metros; e Guillermo Piñeiro, prata nos 60 metros valos.
Relacionadas:
-
A Gimnástica cede o cetro autonómico ao Celta
Por Redacción |
-
Segundo e terceiro posto para a Gimnástica na primeira xornada do campionato de España de clubs
Por Redacción |
-
A Sociedad Gimnástica inicia este sábado o seu concurso en División de Honra e Primeira División
Por Redacción |
-
A ximnástica Isabel Caeiro inaugura o seu medalleiro nacional cun bronce nos 3.000 metros lisos
Por Redacción |
-
Antía Chamosa consegue o bronce no campionato de España de marcha
Por Redacción |