O Cisne dá a cara en Granollers pero non é suficiente (37-24)
Por Manu Otero
Era un reto case imposible. O Cisne tentouno pero non tivo opción de obrar o milagre. Os brancos caeron con claridade ante o Granollers, segundo clasificado, nun partido no que en ningún momento foi por diante no marcador pero que tampouco o deu por perdido ata os minutos finais nos que se disparou a vantaxe dos cataláns.
Como era de esperar, a defensa do Cisne sufriu cos ataques do Granollers, que penalizou máis aos pontevedreses con xogadas elaboradas que nas temidas transicións. E de non ser por algunhas intervencións de Kilian Ramírez, o partido quedaría sentenciado moito antes.
Pola contra, en ataque os de Javi Márquez tampouco estiveron finos e estreláronse varias veces contra os paus da portería rival, ante a que tamén desperdiciaron varios lanzamentos de 7 metros.
Comezou o partido costa arriba para os intereses lerezanos, que viron como o Granollers protagonizaba un inicio irresistible cun parcial de 5-0 do que xa ía ser imposible sobrepoñerse.
Pediu tempo morto Márquez e o Cisne reaccionou para reducir unhas distancias que ían volver a dispararse pasado o ecuador do primeiro tempo cando os locais fóronse ata os 8 tantos (14-6) obrigando ao técnico local a esgotar os seus tempos mortos no primeiro tempo.
Tras o paso por vestiarios, os pontevedreses saíron decididos a pelexar polo partido. Dúas paradas de Kilian aproveitounas Carlos Álvarez para reducir diferenzas en senllos contragolpes que achegaron ao Granollers ata os cinco puntos.
O tempo morto que pediu o adestrador local serviu para poñer as pilas aos seus xogadores, que volveron apertar o acelerados para sentenciar o choque índose ata os dez tantos de diferenza. Unha desvantaxe que fixo baixar os brazos aos cisneístas, que viron como nos minutos finais o Granollers pasáballes por encima.
Consulta nesta ligazón todas as estatísticas do partido.
Relacionadas:
-
O Cisne estrélase contra o muro cordobés (27-30)
Por Manu Otero |
-
Un apagamento ofensivo condena o Cisne á derrota en Huesca (35-24)
Por Manu Otero |
-
O Cisne quere manter o seu cartel de mataxigantes en Huesca
Por Redacción |
-
O Cisne dá a badalada ante o Cuenca e abandona o faroliño vermello (30-28)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Cisne, a por outra final pola permanencia ante o Cuenca
Por Redacción |
-
O Cisne lévase o trofeo Concello de Nigrán
Por Redacción |
-
O Cisne afronta en Granollers un reto menos imposible tras o seu triunfo ante o Ademar León
Por Manu Otero |
-
O Cisne papou o León (43-32)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |