Toni Otero: "Non hai escusas, tiñamos que gañar"
Por Cristina Saiz & Almu Dapena
A situación do Pontevedra CF tras a derrota ante o Ceuta este domingo é crítica. "É un día duro e un día dificil para o equipo, pero non queda outra que seguir adiante", admitiu o adestrador granate, Toni Otero, na habitual rolda de prensa tras o partido.
Pero pese ao mal resultado, o técnico considera que o equipo "fixo unha primeira parte moi boa e empátannos un partido que podiamos ir tranquilamente gañando por máis goles". Na segunda, pola contra "o equipo quixo, pero á contra machucáronnos", engadiu.
Neste sentido, Otero asegura que "hai que quedar co positivo positivo e é que o equipo xerou moitísimas ocasións de gol, pero por desgraza non as executou". Tamén "tentamos presionar moi arriba, o equipo correu moito e nos últimos 10 minutos o equipo estaba bastante tocado", lamentou.
Sostén que o o que cambiou a balanza foi o empate. "Na primeira parte o equipo non concedeu case nada e xerou moito. Creo que o gol cambia o partido porque nese momento eles estaban a desbordar e xogando en longo, todos os balóns eran os nosos pero o fútbol é así", xustificou. Ademais, a boa dinámica que vive o Ceuta beneficioulles porque eles "veñen coa frecha para rriba e nós non somos capaces de atopar esa positividade".
Aínda así, Toni Otero sostén que "non hai escusas, tiñamos que gañar. Hai que ir gañar a Fuenlabrada e reverter a situación", xa que, en caso doutra derrota, o Pontevedra quedaría cunha mínima opción de resucitar.
Afirma o técnico vigués que os seus xogadores deron "un paso adiante pero non souberon gañar. A xente tense que quedar co esforzo do equipo, correron moitísimo e xerado ocasións suficientes. Na segunda si que é certo que nas transicións condenáronnos".
O problema, ademais non saber gañar "está no gol. O equipo non atopa esa sorte para meter o gol e cando che corren á contra penalízanche. Estamos nesa situación, o equipo fixo unha primeira parte para ver o camiño que hai que seguir, volve ser un equipo agresivo pero o gol é o que manda, eles meteron tres e nós un", concluíu.
Relacionadas:
-
Juan Señor: "Levo o fútbol actual nos meus ollos, na miña cabeza e na miña vida. É a miña paixón"
Por Manu Otero & Mónica Patxot |
-
Juan Antonio Señor, novo adestrador do Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Pontevedra destitúe a Toni Otero
Por Manu Otero |
-
A falta de contundencia condena a un Pontevedra ferido e afundido no abismo do descenso (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |