O Club de Tenis Pontevedra revalida o título galego por equipos de maiores de 35 anos
Por Redacción
Por sétima vez consecutiva o Club de Tenis Pontevedra proclamouse campión galego por equipos para maiores de 35 anos, despois de impoñerse no seu último enfrontamento ao Club de Campo de Ferrol.
O triunfo quedou encarrilado na visita do equipo ferrolano ás pistas da Caeira, onde o Club de Tenis dominou cun claro seis a un.
Aínda que a vantaxe achegaba certa tranquilidade, o bloque lerezano impúxose tamén a domicilio por tres a dous, sentenciando o campionato.
O equipo do Club de Tenis Pontevedra compuxérono Ricardo e Carlos Domínguez, Juan Pablo Álvarez, José Luis González, Marco Casal, Fernando Peraza, Juan Ferradás, José Manuel Muñoz, José Manuel Blanco e Cholo Hermida.