Novo título galego para Aarón González, esta vez en kick boxing, para pechar o seu grande ano
Por Redacción
Aarón 'The Thunder' González pechou o seu grande ano cun novo título galego, o de Kick Boxing na modalidade de Full Contac de menos de 67 quilos.
O deportista marinense, nas filas do Rebouras Team vigués, impúxose nun duro combate a Jorge Cendán, do Kick Boxing Narón.
Con este título Aarón gaña o dereito a acudir ao próximo campionato de España da especialidade, ao igual que en boxeo olímpico, disciplina na que revalidou recentemente o seu título autonómico.
O balance de 2013 para o de Marín péchase con dous oros galegos en boxeo e kick boxing respectivamente e dúas medallas nacionais, unha prata en Full Contact e un bronce en boxeo, cun total de 19 combates disputados.