O Pontevedra Rugby Club crécese para derrotar ao filial do Vigo RC (27-10)
Por Redacción
Viña avisando nas últimas xornadas sen lograr rematar a faena, pero o Pontevedra Rugby Club fíxose grande este fin de semana co seu triunfo, segundo da tempada, ante o subcampeón e actual segundo clasificado da Primeira División Galega, o filial do Vigo RC (27-10).
O conxunto lerezano continúa coa súa progresión e ante os vigueses, malia a súa maior envergadura, lograron impoñer o seu ritmo para dominar desde os primeiros instantes, cun 10-0 aos 10 minutos que encheu de moral aos de Chamy Doval.
A pesar do ensaio co que os visitantes recortaron distancias, o Pontevedra RC abriu brecha antes do descanso para encarrilar o partido.
Ao final un 27-10 que ademais do triunfo supón sumar un punto por bonus defensivo para ascender ata a quinta praza con 14 puntos, superando ao Coreti de Lalín e a só dous do Mareantes, que ocupa o terceiro lugar.