Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez
"Lo primero que quiero es dar las gracias a todo el mundo por tantas muestras de cariño y apoyo que he recibido", dixo Gustavo Dacal nada máis chegar ao aeroporto de Alvedro para ser ingresado no Complexo Hospitalario da Coruña.
No aeroporto esperáballe o emotivo abrazo da súa nai Elialdina e da súa familia.
Tamén estaba Diego Calvo, o vicepresidente da Xunta, administración que custeou o traslado así como a loxística sanitaria necesaria para traer de volta ao deportista desde México "solo quiero darle la bienvenida y desearle toda la suerte del mundo", dixo Diego Calvo.
O deportista de Ponte Caldelas, dez veces campión nacional de xavelina, continuará o seu tratamento en Galicia tras máis de dous meses ingresado en México, despois de contaxiarse de dengue por mor dunha picadura de mosquito.
Tras sufrir varias complicacións, diagnosticáronlle espondilodiscitis, unha infección que a causou unha parálise nas pernas. O atleta caldelano residía neste país norteamericano desde hai uns anos adestrando a atletas locais.
"Estuve cerca de morir. Pero ahora ha pasado y quiero disfrutar de la compañía de la gente que tanto me ha apoyado", declarou ao chegar a Galicia.
"Estoy emocionado", admitiu Gustavo Dacal, "ahora, toca seguir aterrizando y adaptándome a esta nueva realidad" e de novo volveu a expresar as "gracias a todo el mundo por el apoyo y por ayudarme a volver".
A súa familia e amigos puxeron en marcha unha campaña de recadación de fondos que contou cos apoios de numerosos deportistas.
"Aquí hay mucha gente implicada que, de una u otra manera, han ayudado", dixo sobre unha iniciativa que "me sorprendió bastante" porque "sabía que tenía muchos amigos, pero fue un aluvión de ayudas. Gente con la que hacía tiempo que no tenía contacto, que ahora se han volcado. Deportistas no solo gallegos, sino de toda España. Gracias. Gracias a todos", repetiu.
Relacionadas:
-
Gustavo Dacal, seleccionado para a súa primeira competición internacional como atleta paralímpico
Por Redacción |
-
Lanzadores como Gustavo Dacal e Frank Casañas transmiten a súa paixón polo atletismo en Caritel
Por Redacción |
-
Competir nos Xogos Paralímpicos, obxectivo de Gustavo Dacal tras regresar a España: "É un novo comezo en circunstancias diferentes"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Medio milleiro de atletas apoiarán a Gustavo Dacal no control solidario do CGTD
Por Redacción |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A elite do deporte español grava un vídeo para apoiar e pedir axuda para Gustavo Dacal
Por Manu Otero |