Pablo Dapena e Cristian Fernández únense á Triarmada para o Mundial Multideporte de Eivissa
Por Redacción
Os pontevedreses Pablo Dapena e Cristian Fernández serán dous dos representantes de España para o Mundial Multideporte Eivissa 2023, que acollerá todas as especialidades deste deporte e celebrarase do 29 de abril ao 7 de maio.
A Federación Española de Tríatlon adiantou unha lista de 23 triatletas que competirán no campionato, a falta dos compoñentes de Dúatlon, onde haberá que esperar aos próximos eventos para configurar a selección.
O campión do Mundo e pontevedrés Pablo Dapena é unha das claras opcións do equipo español para soñar neste Mundial, onde estará acompañado por Víctor Arollo, dobre campión de España; Antonio Benito, campión de Europa de media distancia; Albert Moreno, medalla de Bronce de media distancia; Eneko Llanos, campión do Mundo e de Europa de Longa distancia e participante nos JJOO de Sydney e Atenas; Pello Osoro, bronce no Tríatlon Cros de Bilbao; Mikel Ugarte, subcampión de España; Judith Corochan, campioa do mundo de longa distancia; Helene Alberdi, campioa de Europa de media distancia; Anna Noguera, medallista de bronce no mundial de longa distancia en 2019; e Gurutze Frades, 5 veces campioa de España consecutivas (2011 e 2015) e 6 participacións en Ironman Hawaii.
Cristian Fernández, subcampión de Europa, será un dos líderes da Triarmada en Acuatlón, onde compartirá filas co subcampión do Mundo, Kevin Tarek; o medalla de bronce mundial, Ander Noain Lacamara; a campioa de Europa, Paula Herrero; a subcampioa de Europa sub 23, Natalia Hidalgo; e a campioa do mundo, Sara Perez Sala.
O equipo español complétano na modalidade de Dúatlon Cros Sergio Correa, vixente campión español; Rubén Velázquez, campión de España en 2021; e Eva García, actual subcampioa de España; e en Tríatlon Cros Rubén Ruzafa, 4 veces campión do Mundo e tres veces campión de Europa; Kevin Tarek, subcampión de Europa; e Marta Borbón, bronce no Multideporte Bilbao Bizkakia.
O seleccionador español, Iñaki Arenal, destacou que a lista para o Mundial Multideporte Eivissa 2023 "é unha lista moi completa", destacando especialmente os triatletas de longa distancia na que "fixemos unha gran aposta e creo que estaremos nos postos dianteiros".
Engadiu que en Acuatlón "temos unha selección moi forte, con xente que foi campioa nos últimos eventos. Será ademais proba clasificatoria para os Beach Games polo que haberá seguro un gran nivel, pero estamos convencidos de que poderemos conseguir uns bos resultados".
Relacionadas:
-
Homenaxe a Cristian Fernández en Poio polo seu ouro no Mundial de Acuatlón
Por Redacción |
-
Campión do Mundo! Cristian Fernández colga o ouro no mundial de acuatlón
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena evita poñer data ao seu regreso á competición: "O primeiro de todo é volver estar en forma e san"
Por Diego Espiño |
-
Unha fractura nun dedo do pé pon en perigo o mundial de longa distancia para Pablo Dapena
Por Manu Otero |
-
Pontevedra aspira a superar os 40 millóns de retorno da final das World Series de Róterdan 2018
Por Manu Otero |
-
Definido o calendario da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Pablo Dapena renova co equipo BMC: "Non me esperaba poder estar catro anos neste equipo"
Por Diego Espiño |
-
O pontevedrés Cristian Fernández estrea internacionalidade elite con prata no Europeo de Acuatlón
Por Redacción |