A Pontevedra Trail League volve más sostible que nunca
A Pontevedra Trail League volve celebrarse en 2023 co fin de fomentar o deporte en todos os lugares da provincia de Pontevedra e da maneira máis sostible posible. Este ano contará con tres etapas que terán lugar o 12 de febreiro en Tui, o 5 de marzo no Rosal e o 19 de novembro en A Guarda. Así o asegurou Gorka Gómez, deputado de Deportes de Pontevedra esta mañá na presentación do evento.
O deputado asegurou que coa Pontevedra Trail League “conxuntamos tres concellos para ofrecer unha liga combinada dun deporte que está en auxe, no que cada vez participan máis mulleres, e que se practica nunha contorna paisaxística espectacular”. Ademáis, haberá actividades deportivas infantís e se contará coa participación de máis de 300 deportistas por trail.
Serafín Martínez, director deportivo da Trail League, insistiu en que "se trata da primeira liga de trail que hai en Galicia". Agradeceu a todos os concellos as súas colaboracións para a correcta realización do evento deportivo e destacou que terá lugar en "tres emblemas paisaxísticos como son o Monte Tegra, o Monte Aloya e os Muíños do Folón e do Picón".
Por outra banda, fíxose fincapé na sustentabilidade como tema fundamental a destacar ao longo da celebración deste evento. O organizador do evento asegurou que "imos tentar eliminar os plásticos dun só uso".
Este tema tamén foi abordado pola concelleira de deportes na Guarda, onde se celebra o Trail do Tegra, Montse Magallanes. Recalcou que "a cidadanía está moi concienciada coa sustentabilidade" e, por iso, deixou claro na súa intervención que a Administración Pública ten un gran papel para conseguir a eliminación de plásticos.
Rafael Estévez, concelleiro de deportes de Tui, onde se celebra o Trail de Aloia, confirmou a participación de aproximadamente 160 nenos nas probas infantís que terán lugar esta fin de semana no Monte Aloia e destacou o "éxito rotundo" que tivo no municipio.
As inscricións para o Trail do Aloia están abertas e as persoas interesadas poden inscribirse ata o mércores 8 de febreiro nas distancias de 10 e 20 quilómetros. Tamén ata ese mesmo día se pode formalizar a inscrición nas carreiras infantís que se organizan pola tarde o sábado, para escolares de 0 a 4 e de 5 a 14 anos na lareira do monte.
Pola súa banda, a alcaldesa do Rosal, onde se celebra o Trail dos Muíños do Folcón, Ánxela Fernández asegurou que é moi importante a "democratización dos espazos naturais" e "a potenciación do patrimonio contorna ao deporte".