Ponte Caldelas recada 4.000 euros para axudar a Gustavo Dacal na súa recuperación
Por Redacción
O salón de actos do Colexio Cordo Boullosa, en Ponte Caldelas, acolleu este venres a 'Gala Solidaria todos con Gustavo Dacal' na que se recadaron uns 4.000 euros que irán destinados a axudar na recuperación do deportista de Baltar, ex campión de España e ex plusmarquista nacional de lanzamento de xavelina afincado en México.
O acto foi todo un éxito, onde numeroso público acudiu promovido polas asociacións polas asociacións veciñais, culturais, deportivas e comunidades de montes do municipio, Cáritas e a asociación de empresarios COEMPO e puido desfrutar das actuacións de Manoele de Felisa, Sara e Sofía, Son das Tabernas, Acordes Son do Verdugo, Arte Maña, Cuatro Acordes e Desconcerto, que actuaron de xeito totalmente altruísta e gratuíto.
Elvira Crespo e Pepe Cal foron os presentadores do evento, que prolongouse por casi 5 horas onde intercalaron anécdotas, sorteos de agasallos doados para a ocasión e incluso a proxección dun emotivo vídeo de Gustavo Dacal saudando aos veciños e agradecendo as mostras de cariño e solidariedade recibidas.
No vídeo, facilitado pola súa irmá Ángeles, Dacal aparece "con bo aspecto" e esperan que a "forza vital que o impulsou ao longo da súa carreira deportiva, sexa o combustible que o leve a superar as secuelas da enfermidade que padece".
Tamén mostrou o seu cariño e amor por Ponte Caldelas a onde dixo que regresará "canto antes" para "poder agradecer persoalmente a todos e cada un dos colaboradores neste evento a súa participación solidaria."
Entre o público estaba tamén a súa nai, Lealdina Martínez, quen agradeceu en nome propio e da súa familia "todo o que estades a facer polo meu fillo". Visiblemente emocionada recibiu un prolongado aprauso que arroupou a súa presenza ao longo da celebración da gala.
Ao longo do acto, os presentadores agradeceron e citaron aos establecementos colaboradores co cartel da Gala Solidaria e fixeron tamén mención especial ao traballo desenvolvido polo propietario do establecemento de hostalería Jamarte, encargado de poñer o son a este evento benéfico e a Foto Alameda, que realizou un vídeo. Tamén se agradeceu ao historiador Buenaventura Aparicio a doazón de dous exemplares do seu libro 'Ponte Caldelas hace 100 años', que foron sorteados entre o público ao igual que varias roscas doadas por Panadería Toño, de Cuñas.
Finalmente, os organizadores (representantes da sociedade civil e das entidades asociativas do municipio) subiron ao escenario e recibiron o aplauso e o agradecemento dos presentes ao igual que as compañeiras e compañeiros que fixeron labores loxística, cobro de entradas e, sobre todo, ás Mulleres Rurais do Verdugo que fixeron un rico chocolate que serviu para repoñer forzas durante a celebración, que rematou pasadas as 12 da medianoite.
Relacionadas:
-
O Atletismo Rías Baixas crea unha sección de deporte adaptado e pide que se habilite unha especialidade no CGTD coordinada por Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal xa está Galicia para continuar o seu tratamento
Por Oskar Viéitez |
-
Gustavo Dacal seguirá coa súa rehabilitación na Coruña
Por Redacción |
-
O CGTD acolle o control solidario para recadar fondos e axudar a Gustavo Dacal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A gala solidaria "Todos con Gustavo Dacal" celebrarase o venres 27 de xaneiro en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Xornada solidaria de atletismo en favor de Gustavo Dacal
Por Redacción |
-
Gustavo Dacal: "Estou ben dentro das circunstancias. Nunca vou poder pagarvos todo o que estades a facer por min"
Por Diego Espiño |