A seccións femininas do Marcón e o Interrías unen forzas
Por Redacción
O Marcón Atlético e o Viaxes Interrías anuncian un acordo de colaboración entre as seccións femininas de ambos os equipos.
Con este convenio, as xogadoras formadas no equipo pontevedrés terán a oportunidade de competir a un maior nivel, na Segunda Federación, que é a terceira máxima categoría do fútbol feminino nacional.
En ambas as entidades están convencidos de que esta iniciativa será beneficiosa para ambas as partes.
Por unha banda, o Interrías poderá contar co talento das xogadoras formadas na factoría pontevedresa, mentres que o Marcón poderá dar a oportunidade ás súas xogadoras de xogar a un maior nivel e de mostrar o talento das súas categorías inferiores en categorías máis altas.