O adestrador de Unionistas espera un Pontevedra que "necesita puntuar como nós e virá a morrer"
Por Diego Espiño
Raúl Casañ, adestrador de Unionistas de Salamanca, compareceu este venres ante os medios de comunicación na previa do encontro que medirá ao seu equipo, co Pontevedra Club de Fútbol (sábado, 19.00 horas) no Estadio Reina Sofía e que servirá para pechar a primeira volta da competición en Primeira RFEF.
O técnico deu moita importancia ao duelo "porque vimos de dúas derrotas, necesitamos gañar, xogamos na casa coa nosa afección que nos vai a apoiar e para saír de aí", explicou en relación a unha zona de descenso na que están metidaos do mesmo xeito que o cadro granate, pero consciente de que a ambos os dous equipos un triunfo permitiríalle respirar na táboa.
Por ese motivo Casañ espera un Pontevedra que "necesita puntuar como nós e virá a morrer".
O preparador de Unionistas destacou dos da Boa Vila que "moitos xogadores do ano pasado fan que se coñezan e a nivel de xogo estean máis compenetrados ou unha idea máis clara do que fan, intenan saír xogando desde atrás, e na zona de arriba teñen xogadores importantes", analizou.
Será o primeiro de tres encontros consecutivos en poucos días para o conxunto charro, que debe recuperar un choque aprazado entre semana, pero "xogándonos o que nos xogamos non podemos mirar o partido do mércores ou o domingo, miramos o Pontevedra que é o partido importante", sinalou.
Unionistas afrontará o partido contra o Pontevedra sen o seu gardameta titular, Salva, expulsado en Riazor e con só 18 futbolistas do primeiro plantel dispoñibles tras dar a baixa nas última horas aos atacantes Mawi e Isaac Obeng.
Relacionadas:
-
O Pontevedra vende cara a súa derrota en Salamanca (1-0)
Por Almu Dapena |
-
Un proceso gripal aparta a Samu Araújo da convocatoria do Pontevedra ante Unionistas
Por Diego Espiño |
-
O Estadio Reina Sofía de Salamanca rozará o cheo contra o Pontevedra
Por Redacción |
-
Antonio Fernández, sobre a 'fuga' de Guèye: "Non é unha situación cómoda. O club é o que ten que tomar decisións"
Por Diego Espiño |
-
Unionistas regala entradas aos seus socios para dar ambiente á visita do Pontevedra
Por Redacción |