O Estadio Reina Sofía de Salamanca rozará o cheo contra o Pontevedra
Por Redacción
Converter o Estadio Reina Sofía nunha pota a presión é o obxectivo de Unionistas de Salamanca para a visita o vindeiro sábado (19.00 horas) do Pontevedra Club de Fútbol, e o certo é que todo apunta a que o club salmatino conseguirá o seu propósito.
Dada a importancia do choque, con ambos os dous equipos pelexando por escapar da zona de descenso, o club charro decidiu habilitar unha interesante promoción para os seus abonados, dándolles a opción de retirar ata tres invitacións para acompañantes se son socios PRO ou Colaboradores ou dous billetes no caso de ser un abonado de categoría normal.
A resposta da afección de Unionistas non se fixo esperar, confirmando este xoves a entidade de Salamanca que xa se retiraron 1.200 invitacións para o choque.
Ya se han retirado entradas de acompañante de socio para los dos próximos partidos.
— Unionistas de Salamanca CF (@UnionistasCF) January 12, 2023
¡Ven a por la tuya pronto!
17:00-20:00
Rúa Mayor 43 https://t.co/UpPdJyN2Fl
Esta cifra, unida aos máis de 3.100 socios cos que conta Unionistas, achéganse ao aforo máximo do Estadio Reina Sofía, fixado en pouco menos de 5.000 espectadores, o que convida a pensar nunha cifra próxima ao cheo tendo en conta que a promoción segue activa.
Un ambiente de gala ao que deberá sobrepoñerse o Pontevedra se quere lograr levar os tres importantes puntos en xogo que supoñerán o fin da primeira vueñta de competición na Primeira RFEF.
Relacionadas:
-
O adestrador de Unionistas espera un Pontevedra que "necesita puntuar como nós e virá a morrer"
Por Diego Espiño |
-
Antonio Fernández, sobre a 'fuga' de Guèye: "Non é unha situación cómoda. O club é o que ten que tomar decisións"
Por Diego Espiño |
-
Dúas semanas despois Guèye dá sinais de vida: "Síntome moi ben"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Unionistas regala entradas aos seus socios para dar ambiente á visita do Pontevedra
Por Redacción |
-
Sanción económica, despedimento disciplinario... A que se expón Libasse Guèye pola súa 'espantada' do Pontevedra?
Por Diego Espiño |
-
O estado de Pasarón, unha vía sen saída. Como custearon o cambio de céspede outros equipos de Primeira RFEF?
Por Diego Espiño |
-
Desvelados os horarios da segunda volta de liga do Pontevedra, con ata cinco sábados de fútbol en Pasarón
Por Diego Espiño |