O ex-granate Pol Bueso recupérase "no seu fogar descansando" tras sufrir un desmaio durante o Guijuelo-Arenteiro
Por Diego Espiño
Foi o susto da xornada no mundo futbolístico, ocasionando a suspensión do partido de Segunda RFEF entre Guijuelo e Arenteiro.
Corría o minuto 70 de xogo, nun partido marcado polas malas condicións climatolóxicas, cando tras golpear un balón de cabeza Pol Bueso caía esborrallado sobre o terreo de xogo.
Imaxes do que aconteceu en Guijuelo
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) January 8, 2023
Adiado o @clubdepguijuelo @CD_Arenteiro no minuto 70 pola auga que había no terreo de xogo
Pol Bueso estivo tirado no chan máis dun cuarto de hora agardando por unha ambulancia pic.twitter.com/rd5jGupQBA
O ex-xogador do Pontevedra Club de Fútbol permaneceu dureante máis dun cuarto de hora tendido sobre o céspede esperando unha ambulancia para ser evacuado.
Pouco despois o seu actual equipo, o Arenteiro do Carballiño confirmaba que se atopaba "consciente e con toda a mobilidade", aínda que se lle estaban realizando probas nun hospital de Salamanca "por precaución e asegurar que todo quedou nun mal momento".
POL BUESO | Tras o incidente ocurrido no partido de hoxe contra o C.D. Guijuelo, podemos confirmar que Pol atópase consciente e con toda a movilidade. Agora mesmo, estánselle a realizar probas no hospital de Salamanca por precaución e asegurar que todo quedou nun mal momento.
— CD Arenteiro (@CD_Arenteiro) January 8, 2023
Un día despois, Bueso descansa xa na Boa Vila, na que se estableceu tras o seu paso polo Pontevedra. "Pol Bueso xa se atopa no seu fogar descansando tras o susto de onte. Está moi agradecido con todas as vosas mensaxes de apoio e recuperación", sinalou a entidade ourensá tranquilizando aos afeccionados do mundo do fútbol sobre a situación do defensor, que acumula unha ampla traxectoria ao longo da súa carreira ao ter militado en equipos como o Castellón, Albacete, Hércules, UCAM Murcia ou Pontevedra, entre outros.
Bos días, Pol Bueso xa se atopa no seu fogar descansando tras o susto de onte. Está moi agradecido con todas as vosas mensaxes de apoio e recuperación
— CD Arenteiro (@CD_Arenteiro) January 9, 2023