Antonio Fernández, tras a derrota contra Badaxoz: "Ocasionamos dificultades na primeira parte e o marcador foi inxusto cara a nós"
Por Almu Dapena
A derrota contra o Badaxoz deste domingo en Pasarón sentou como un xerro de auga fría aos xogadores e a Antonio Fernández, que lamentou a falta de eficacia dos seus á hora de marcar fronte á de "un equipo que tivo máis efectividade que nós, chegou moito menos pero marcou dous goles".
Ademais, o Pontevedra foi incapaz de poñerse por diante no marcador, algo que si fixo o seu rival e que para Antonio era moi importante xa que, tal e como estaba o céspede "ía estar complicado remontar".
E así foi. A pesar dos intentos de polo menos empatar, os granates xogaron "contra outro xogador máis: o terreo de xogo, que nos prexudicou porque non fomos capaces de empatar e dar a volta".
"É un mazazo grande", asegura o adestrador, orgulloso porque "o equipo deuno todo" despois de xogar o partido de Copa o mércores pero o partido importante era o de hoxe e "como mínimo era non perdelo".
Ante esta situación, explicou que a idea era "de marcar o primeiro gol, sabiamos onde iamos xogar e adaptámonos, creo que lle ocasionamos dificultades na primeira parte e o marcador foi inxusto cara a nós".
O seu xogadores "vanse amolados", pero se hai algo positivo que sacar do encontro é que "o equipo non baixou os brazos" aínda que "non nos deu nin para empatar nin para gañar, que foi o que buscabamos".
Relacionadas:
-
Unha volta e 19 onces distintos, con 7 indiscutibles e dúbidas nos extremos, no nove e no socio de Román
Por Manu Otero |
-
Un proceso gripal aparta a Samu Araújo da convocatoria do Pontevedra ante Unionistas
Por Diego Espiño |
-
Unionistas regala entradas aos seus socios para dar ambiente á visita do Pontevedra
Por Redacción |
-
O estado de Pasarón, unha vía sen saída. Como custearon o cambio de céspede outros equipos de Primeira RFEF?
Por Diego Espiño |
-
Desvelados os horarios da segunda volta de liga do Pontevedra, con ata cinco sábados de fútbol en Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra afógase na beira (1-2)
Por Almu Dapena |