O Poio Pescamar faise cos tres puntos nun vibrante derbi contra o Marín Futsal (3-2)
Por Almu Dapena
O Poio Pescamar coroouse este sábado no derbi pontevedrés contra o Marín Futsal. Mudáronse as conserveiras de pavillón Príncipe Felipe polas obras na Seca, pero este cambio non influíu na boa dinámica conseguida ata o momento polo equipo.
Así, tras uns minutos de igualdade entre ambos os equipos, chegou o primeiro gol do partido para as locais. Dupuy rebañó un disparo escorado de Laura Uña desde o lado dereito e bateu a Silvia Aguete para facer o 1-0.
Co marcador en contra, buscou a resposta o Marín cun bo tiro de Ceci que deu no pau, pero si a conseguiu aos once minutos de xogo por medio de Lara Balseiro, que resolveu un batiburrillo en área rival anotando o empate.
Seguiron insistindo as de Ramiro Díaz en área de Elena, que se salvaba de senllas ocasións de Ceci, a primeira cunha boa parada e a segunda porque o balón daba no poste.
E de poder anotar o Marín pasou a marcar de novo o Poio Pescamar. Esta vez foi Luci, que enviou un potente chute desde fóra da área enchufando o balón na escuadra de Silvia e facendo o 2-1 co que se alcanzou o descanso.
Despois do paso polos vestiarios as conserveiras aumentaron a intensidade en busca da tranquilidade, pero non foi ata o últimos seis minutos cando o luminoso volveu mover tras un remate ao segundo pau de Marta Peñalver tras un centro chute de Laura Uña.
As visitantes, a pesar do resultado, non se daban por vencidas e empregáronse a fondo para rascar algo positivo do derbi pontevedrés. E así, Silvia iniciou unha boa contra servindo a Bea Mateos, que pasou a Ceci ao segundo pau para reducir distancias a falta de cinco para a conclusión.
O duelo entrou na recta final e rompeu con claras ocasións en ambas as porterías. Optou o Marín polo xogo de cinco en busca do empate pero o Poio esforzouse en tarefas defensivas para aguantar o empuxe rival e sumar outra vitoria coa que alonga o seu histórico refacho e que o mantén na parte alta da clasificación.
POIO PESCAMAR (3): Elena; Martita, Marta Peñalver, Anna Escribano e Dani Sousa (quinteto inicial). Tamén xogaron Dupuy, Laura Uña, Luci, Elena Aragón e Rocío.
MARÍN FUTSAL (2): Silvia Aguete; Ale de Paz, Pau, Ceci e Adri (quinteto inicial). Tamén xogaron Lara Balseiro, María León, Bea Mateos e Inés Mayán.
Goles: 1-0, min. 7 Dupuy. 1-1, min. 11 Lara Balseiro. 2-1, min. 15 Luci. 3-1, min. 34 Marta Peñalver. 3-2, min. 35 Ceci.
Incidencias: Pavillón Príncipe Felipe. Colexiados, Lida Crespo e Daniel Dacal. Amoestaron a Anna Escribano e Marta no Poio Pescamar e Bea Mateos no Marín.
Relacionadas:
-
Remontada do Marín Futsal sobre o Leganés nun duelo directo pola permanencia (3-5)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar derrota o líder Futsi Navalcarnero cun gol de Rocío no último minuto
Por Redacción |
-
O Marín Futsal encaixa unha avultada goleada contra o Sala Zaragoza (5-9)
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Poio Pescamar comeza a segunda volta con vitoria ante o Joventut d'Elx (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar regala un empate ante o Burela nos instantes finais (3-3)
Por Redacción |
-
Un desacertado Marín Futsal cede na Raña contra o Rayo Majadahonda (1-3)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Confianza no Poio Pescamar para asaltar por primeira vez a pista do Burela
Por Redacción |
-
Unha volta á competición con derbi para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Bo nadal para o Poio Pescamar, que marcha de vacacións entre os tres mellores da liga
Por Redacción |
-
Poio Pescamar - Burela e Marín FS - Viaxes Amarelle, as semifinais da Copa Galicia de fútbol sala
Por Redacción |
-
Fin de ano redondo para o Poio Pescamar tras superar o Torreblanca Melilla (0-2)
Por Redacción |
-
O Marín Futsal pon fin á súa mala serie cunha agónica vitoria contra o Teldeportivo na Raña (4-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |