O Pontevedra formaliza a alta de Derik Osede
Por Diego Espiño
Derik Osede xa é, desde este mércores, xogador para todos os efectos do primeiro plantel do Pontevedra Club de Fútbol, que confirmou a súa alta federativa.
O central comprométese cos granates tras permanecer na dinámica de traballo do club desde verán adestrando a pesar de quedar no seu momento sen ficha.
A principio de curso "necesitaba unha adaptación", recoñeceu o pasado luns o adestrador Antonio Fernández, pero agora a situación é completamente diferente porque "leva moito tempo adestrando connosco e está axustado á nosa forma de pensar e de ver o xogo. Eu véxoo un xogador súper apto", explicou o técnico.
Con todo para contar con Osede era necesario facer oco no plantel, ao ter todas as súas fichas sénior ocupadas. Ese sitio abriuse coa saída de Mario Ortiz rumbo ao Algeciras.
A pesar de levar máis dun ano en branco, no seu paso polo Alcoyano e tras superar unha grave lesión que se produciu cando militada no Deportivo, Derik Osede é un xogador cunha ampla traxectoria e experiencia en categorías superiores, xogando en Segunda División en equipos como o Real Madrid Castilla e o Numancia.
Formalizada a súa inscrición, o defensor está en condicións xa de debutar este mesmo mércores contra o Mallorca na Copa do Rei.
Relacionadas:
-
O Pontevedra vende cara a súa derrota en Salamanca (1-0)
Por Almu Dapena |
-
O Pontevedra afógase na beira (1-2)
Por Almu Dapena |
-
Antonio Fernández: "Estamos nun dos mellores momentos da tempada e temos que aproveitalo"
Por Diego Espiño |
-
Unha asistencia de 'play-off' para reavivar a chama granate nas bancadas de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Mallorca esperta o Pontevedra do soño copeiro na prórroga (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Badajoz, co xusto para viaxar a Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Javier Aguirre eloxia o Pontevedra antes da visita do Mallorca en Copa: "Se o campo o permite esperemos ver un partido bonito"
Por Diego Espiño |
-
Mario Ortiz marcha ao Algeciras e fai oco á fichaxe de Derik Osede polo Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A visita do Mallorca en Copa "é un partido para poder facer historia" no Pontevedra, aínda que mirando de esguello á liga
Por Diego Espiño |
-
A opción de dar de alta a Derik Osede no mercado de inverno "está aí. Véxoo un xogador súper apto"
Por Diego Espiño |