A visita do Mallorca en Copa "é un partido para poder facer historia" no Pontevedra, aínda que mirando de esguello á liga
Por Diego Espiño
O choque entre Pontevedra Club de Fútbol e Mallorca deste mércores 4 de xaneiro (19.00 horas) en Pasarón, é "un partido para poder facer historia", asegura o adestrador granate, Antonio Fernández.
A pesar diso e a ilusión que esperta o Torneo do K.O. recibindo un equipo de Primeira División, o técnico defende a importancia de "non perder as perspectiva de que o sábado temos un partido moi importante de liga que é a competición que agora mesmo máis nos apura e máis nos preocupa".
"As noites de Copa do Rei son máxicas", sinala, pero pensando en afrontar dous partidos en apenas catro días (o Badajoz visitará Pasarón o sábado) "temos que fiar fino e loxicamente tentar sacar un once supercompetitivo co Mallorca pero sen perder a perspectiva do partido do sábado. Creo que nese aspecto como corpo técnico tócanos xestionar iso, que non é fácil porque todos quérenos xogar o mércores".
En todo caso "sacaremos o mellor equipo posible para competirlle ao Mallorca e ter as nosas posibilidades de poder pasar de rolda", defende Antonio, quen á Copa pídelle "que non nos lastre, que non perda efectivos". Iso a nivel deportivo porque "a nivel institucional e de público vai ser unha festa e así temos que afrontala".
A ENFERMERÍA, CHEA DE EFECTIVOS
O quebracabezas que deberá compoñer Antonio Fernández coas súas aliñacións complícase pola situación de lesionados, ausentes e sancionados. No último destes capítulos Yelko Pino non poderá vestirse de curto na Copa pola súa expulsión na anterior eliminatoria, mentres que Libasse Guèye seguen sen incorporarse aos adestramentos sen que se aclarase polo de agora o seu futuro.
Ademais son baixa por lesión Mario Ortiz, Alberto Rubio e un Ángel Bastos que "está nun proceso avanzado de recuperación, xa trota e vese que vai a cousa moi ben", recoñeceu o adestrador granate.
O preparador si poderá contar con Seoane, mentres que con Borja Domínguez a pesar de estar xa en dinámica de grupo aposta pola precaución. "Non queremos crear ningún contratempo, cremos que vai chegar ao sábado pero se cadra para o mércores vai estar un pouco máis xusto", explicou en rolda de prensa Antonio Fernández, déixao nunha situación de poucos efectivos a zona medular para o choque de Copa.
Relacionadas:
-
Unha asistencia de 'play-off' para reavivar a chama granate nas bancadas de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
O Mallorca esperta o Pontevedra do soño copeiro na prórroga (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
O Badajoz, co xusto para viaxar a Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra formaliza a alta de Derik Osede
Por Diego Espiño |
-
Javier Aguirre eloxia o Pontevedra antes da visita do Mallorca en Copa: "Se o campo o permite esperemos ver un partido bonito"
Por Diego Espiño |
-
Mario Ortiz marcha ao Algeciras e fai oco á fichaxe de Derik Osede polo Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A opción de dar de alta a Derik Osede no mercado de inverno "está aí. Véxoo un xogador súper apto"
Por Diego Espiño |
-
Del Cerro Grande, un árbitro Elite UEFA para o Pontevedra-Mallorca de Copa do Rei
Por Diego Espiño |
-
Os granates volven ao traballo con vinte efectivos e catro ausencias
Por Manu Otero |
-
Libasse Gueye é o mellor xogador sub 23 do ano de Senegal
Por Manu Otero |
-
O Mallorca será o rival de Primeira División do Pontevedra na nova rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Gueye vístese de Papa Noel e regala a Pontevedra unha nova festa de Copa á conta do Tenerife (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |