Del Cerro Grande, un árbitro Elite UEFA para o Pontevedra-Mallorca de Copa do Rei
Por Diego Espiño
O encontro do próximo mércores 4 de xaneiro (19.00 horas) entre Pontevedra e Mallorca correspondente aos dezaseisavos de final de Copa do Rei contará cun colexiado da máxima categoría internacional europea, Elite UEFA.
Trátase do madrileño Carlos Del Cerro Grande, que estará acompañado no Estadio Municipal de Pasarón polos auxiliares Guadalupe Porras Ayuso e Gonzalo García González, con Jaime Ruiz Álvarez como cuarto árbitro.
Aos seus 46 anos, Del Cerro Grande conta cunha dilatada experiencia internacional, na que destacan dez tempadas dirixindo partidos da Liga de Campións. Ostenta ademais tres trofeos Guruceta ao mellor árbitro da tempada (2017-18, 2018-19, 2020-21) e arbitrou xa unha final da Copa do Rei (2015-16) e outra de Supercopa de España (2018-19), ademais de ser cuarto árbitro na final da Eurocopa de 2021.
Internacional desde 2013, Carlos Del Cerro incorporouse ao selecto grupo de Árbitros Elite UEFA no ano 2018.
Ao longo da súa traxectoria dirixiu xa 223 partidos de liga en Primeira División e 32 de Liga de Campións.
Relacionadas:
-
O Mallorca esperta o Pontevedra do soño copeiro na prórroga (0-2)
Por Almu Dapena & Mónica Patxot |
-
A visita do Mallorca en Copa "é un partido para poder facer historia" no Pontevedra, aínda que mirando de esguello á liga
Por Diego Espiño |
-
A opción de dar de alta a Derik Osede no mercado de inverno "está aí. Véxoo un xogador súper apto"
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra xa despachou máis de 700 entradas para o partido de Copa contra o Mallorca
Por Manu Otero |
-
Os granates volven ao traballo con vinte efectivos e catro ausencias
Por Manu Otero |
-
O Mallorca será o rival de Primeira División do Pontevedra na nova rolda da Copa do Rei
Por Manu Otero | Creada e actualizada
-
Gueye vístese de Papa Noel e regala a Pontevedra unha nova festa de Copa á conta do Tenerife (2-1)
Por Manu Otero & Cristina Saiz |