O Pontevedra, tamén na zona baixa da clasificación do xogo limpo
Por Manu Otero
O Pontevedra parece destinado esta tempada a loitar por escapar dos postos máis baixos da clasificación. Metidos de cheo na carreira pola permanencia no grupo I da Primeira Federación, os granates se sitúan tamén no vagón de cola dunha clasificación moito menos transcendente pero que pode chegar a ser decisiva, a do xogo limpo.
Nesta clasificación, que penaliza as amoestacións, expulsións e sancións impostas polas distintas estancias arbitrais da RFEF, os granates atópanse no posto número 15, unha praza por encima do que marca a clasificación competitiva.
Os de Antonio Fernández recibiron, a falta de dúas xornadas para terminar a primeira volta, 61 puntos de penalización. Menos "limpos" que os de Pasarón son o Ceuta (92), Alxeciras (87), Badaxoz (71), San Fernando (69) e Deportivo (67). Mentres que a Cultural Leonesa, con puntos 34 de penalización, é o equipo mellor valorado.
En termos absolutos, os xogadores do Pontevedra viron no que vai de liga 54 tarxetas amarelas e 2 vermellas.
É rechamante que, no caso das amoestacións, os granates son o cuarto equipo do grupo que máis amarelas recibiu, só por detrás de Alxeciras (58), Ceuta (56) e San Fernando (54) Con todo, están moi lonxe da cabeza no que a expulsións refírese. O Pontevedra só quedouse cun xogador menos en dúas ocasións. Só Raio Majadahonda (0), Córdoba (1), Celta B (1) e Cultural Leonesa (1) viron menos vermellas que os da Boa Vila.
Aínda que o número de cartolinas recibidas marca o posto nesta clasificación, existen outros factores que poden agravar máis as penalizacións. Así, a RFEF recolle no seu regulamento sobre o xogo limpo, que se estableceu no ano 1998, que cada tarxeta amarela recibida penalizarase cun punto, a dobre amoestación, con dous puntos; e a vermella directa, con tres.
Neste último caso, se o Comité de Competición ditamina unha sanción maior de tres partidos, aplicarase unha puntuación igual á sanción.
Ademais, tamén se contabilizarán as sancións do Xuíz Único de competición a adestradores, directivos ou calquera persoa relacionada co club. Cada partido de suspensión imposto a estes será penalizado con 5 puntos.
Tamén será tido en consideración o comportamento das afeccións, que terán unha cualificación de cinco, seiso sete puntos, en función da gravidade dos mesmos. Neste sentido, a clausura dunha instalación levará aparellada unha penalización de dez puntos por encontro.
Aínda que no ámbito competitivo este ranking resulta irrelevante na maioría dos casos, é preciso ter en conta que en caso de empate a puntos, goal average, goles a favor, goles en contra ou diferenza de goles na clasificación, recorrerase ao xogo limpo para desempatar.
Do mesmo xeito, no caso da Primeira División, cada ano a UEFA sortea prazas entre os participantes nas ligas con mellor puntuación de xogo limpo para participar en competicións continentais