Pleno de vitorias para o Waterpolo Galaico ao final da primeira volta
Por Redacción
O Club Waterpolo Galaico Pontevedra completou unha volta perfecta na Liga Galega Absoluta de Primeira División despois de gañar o seu quinto partido en cinco xornadas, esta vez ante o Marina de Ferrol (19-8).
O conxunto lerezano impúxose con claridade na piscina do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, a pesar de que os ferroláns se adiantaron ata en dúas ocasións ao inicio do primeiro cuarto.
Pronto o Galaico volteou o marcador dominando o choque ata o final cunha renda que foi aumentando pouco a pouco.
Entre o máis positivo para os de Javi de Sáa no encontro hai que destacar o debut do xogador cadete Pablo Teijeira, que disputou os seus primeiros minutos co primeiro equipo.
CW GALAICO (19): Pablito, Rober (5), Pablo, Rubén, Montojo, Juanjo (4), Ángel (1), Andrés (5), Raúl (2), Bran, Juan (2).
CLUB MARINA FERROL (8): Fernández, Sanz (1), Picallo, Tellado, Castromil (1), Cao, Ponte (1), Montes (1), Uria (3), Lázaro (1), Bonome, Orjales.
Parciais: 5-2, 5-1, 3-2, 6-3.