Aarón González revalida o título galego de boxeo no peso welter
Por Redacción
O boxeador marinense Aarón 'The Thunder' González logrou revalidar o seu título no Campionato Galego de Boxeo Elite.
Aarón, nas filas esta tempada do Rebouras Team, alzouse co título no peso welter despois de vencer na final ao coruñés Adrián Miraz nunha reunión celebrada no Pavillón Álvaro Pino de Ponteareas.
Grazas a este título o boxeador de Marín poderá participar no próximo Campionato de España de Boxeo Olímpico, onde defenderá o bronce logrado hai uns meses.
Á espera do que suceda no Galego de Full Contact, Aarón González pechará 2013 co ouro autonómico e bronce no Nacional de boxeo e unha prata no Campionato de España de Kick Boxing.
O resto de título autonómicos foron para Cristhian González en peso lixeiro, Saúl Gacio en superlixeiro, David Ruiz en semipesado e José Miras en peso galo.