Fin de ano redondo para o Poio Pescamar tras superar o Torreblanca Melilla (0-2)
Por Redacción
O Poio Pescamar despide o ano ao grande tras superar por 0-2 ao Torreblanca Melilla no último partido antes do parón do Nadal.
Foi un partido completamente igualado que resolveu o cadro conserveiro cun tanto temperán de Dani Sousa e outro de Elena Aragón a falta de cinco minutos para a conclusión, suficientes para asinar un novo triunfo que o mantén na parte alta da clasificación.
De cabeza nada máis comezar anotaba a brasileira do Poio Pescamar o primeiro tanto do duelo, que lle permitía coller aire para afrontar as arremetidas dun Torreblanca competitivo que estivo a piques de rozar o empate en repetidas ocasións.
Amandinha botábase o equipo ás costas e tentaba presionar ás xogadoras vermellas, que vían perigar a vantaxe cun remate ao pau de Shulha e o seu posterior rexeite de Juliana, mentres o Poio tiña nas botas de Dani Sousa unha nova oportunidade cunha volea tras un saque de esquina.
Con todo, a pesar dos intentos de ambos os equipos o marcador non se movio máis ata a segunda metade, que empezou Poio Pescamar e Torreblanca realizando unha alta presión e procurando cometer os mínimos erros posibles.
Pasado o ecuador do segundo acto chegou a présa e con ela o protagonismo das gardametas. Amandinha tivo unha clara ocasión ante Elena e Martita e Dani Sousa facían o propio para obrigar a Sara Soares a empregarse a fondo.
Onde non puido facer nada a gardameta local foi para parar a xogada de estratexia das xogadoras de López-Tulla. A cinco do final, Elena Aragón á saída dun saque de banda xutou logrando bater a Soares, anotando o 0-2 .
Buscou a reacción o Torreblanca co xogo de cinco con Nerea Miralles como porteira xogadora e é verdade que a punto estivo de anotar, pero as conserveiras amarráronse en defensa e souberon sufrir para despedir o ano cun novo triunfo.
TORREBLANCA MELILLA (0): Sara Soares; Lydia, Bía, Amandinha e Juliana (quinteto inicial). Tamén xogaron, Vicky, Jhennif, Shulha e Nerea Miralles.
POIO PESCAMAR (2): Elena; Martita, Sousa, Luci e Rocío (quinteto inicial). Tamén xogaron, Marta Peñalver, Irene García, Anna Escribano, Laura Uña, Elena Aragón e Dupuy.
Goles: 0-1,min. 1 Dani Sousa. 0-2,min. 35 Elena Aragón.
Incidencias: Javier Imbroda. Colexiados, Corredor Corredor e García Robles. Amoestaron a Vicky, Patri, Bía no Torreblanca Melilla.
Relacionadas:
-
O Poio Pescamar comeza a segunda volta con vitoria ante o Joventut d'Elx (0-2)
Por Almu Dapena |
-
O Poio Pescamar regala un empate ante o Burela nos instantes finais (3-3)
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar faise cos tres puntos nun vibrante derbi contra o Marín Futsal (3-2)
Por Almu Dapena |
-
Unha volta á competición con derbi para Poio Pescamar e Marín Futsal
Por Redacción |
-
Bo nadal para o Poio Pescamar, que marcha de vacacións entre os tres mellores da liga
Por Redacción |
-
O Marín Futsal despide o ano na Raña contra o Teldeportivo e o Poio Pescamar viaxa a Melilla
Por Redacción |
-
O Marín Futsal e o Poio Pescamar, entre os equipos femininos de alta competición incluídos no plan de patrocinio da Xunta contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar resolve con dous tantos en cinco minutos o atasco contra o Roldán (2-0)
Por Redacción |
-
O intratable Futsi Atlético apea o Poio Pescamar nos oitavos de final de Copa (5-1)
Por Diego Espiño |
-
Vitoria en Ourense para un Poio Pescamar que segue intratable (0-3)
Por Almu Dapena |