O Pontevedra B toma aire a costa do Atios (2-1)
Por Redacción
Despois de seis xornadas sen saborear un triunfo, o Pontevedra B volveu á senda da vitoria impoñéndose ao Atios na Xunqueira (2-1).
Non o tiveron doado os de Blas Charlín, obrigados a remontar o gol inicial dos visitantes, obra de Diego Ferreira, nun encontro moi traballado.
O filial, que fixo méritos abondo para bater a portaría defendida por Miguel, contaron sen embargo cun punto de fortuna, ao empatar antes do descanso cun tanto en propia meta de ÿscar Lago.
Xa na segunda metade Ismael consumou a remontada asegurando os tres puntos para os granates, que con 21 se sitúan no décimo cuarto posto, con tres de vantaxe sobre a zona de descenso directo.
PONTEVEDRA CF B(2): David, Uru, Kevin Presa, Marou, Puyi, Collazo, Héctor, Ismael (Nico, min.88), Víctor (Dani, min.35), Diego (Pedro, min.86), Álex Cuesta (Marwan, min.68).
UD ATIOS (1): Miguel, Valiente, Berto, Cal (Julio, min.65), Asier (Jacobo, min.55), ÿscar Lago, Sombri, Bubi, Diego Ferreira (Lira, min.75), Michi (Maikel, min.65), Curiel.
Árbitro: Elespe Tireux (Santiago). Amoestou a David, Ismael, Marwan e Puyi nos locais e a ÿscar Lago, Valiente, Michi, Bubi e Berto nos visitantes.
Goles: 0-1 Diego Ferreira, min.25; 1-1 ÿscar Lago en propia puerta, min.44; 2-1 Ismael, min.70.
Incidencias: Partido disputado no campo da Xunqueira 1, Pontevedra.