Xusto empate entre Portonovo e Barco en Baltar (1-1)
Por Redacción
Portonovo e CD Barco repartíronse en Baltar o dominio do xogo, cunha parte para cada equipo, e os puntos nun empate que pode considerarse de xusto (1-1).
O conxunto arlequinado mandou nun primeiro tempo no que saiu en busca dun triunfo que lle permitise continuar coa súa remontada na táboa.
Froito dese pulo os de Ricardo Fernández puxéronse por diante grazas a un gol de Silva, pero non lograron abrir brecha no marcador desperdiciando un par de boas ocasións.
Tras o descanso os papeis cambiaron e o equipo visitante saíu a pola igualada, que logrou pronto por medio de Tato.
Con este empate o Portonovo sitúase no oitavo posto con 24 puntos, a sete da zona de ascenso que marca o Sanxenxo, segundo.
PORTONOVO SD (1): Marcos, Iván Renda, César, ÿscar, Suso Martínez, Suso Bea, Gándara, Suso Vidal, Iván (Dopazo, min.70), Silva, Álex Cubas.
CD BARCO (1): Macía, Rubén, Tato, Gunti, Omar, Rivadulla, Recamán (Juan, min.90), Borja, David Rodríguez, (Iván, min.90), David Pérez (Marconi, min.70), Novo (Ramos, min.85).
Árbitro: Mosquera Goce. Amoestou a Suso Bea, Álex Cubas, Gándara e Suso Vidal nos locais e a Rubén, Gunti, Tato, David Rodríguez e Marconi nos visitantes.
Goles: 1-0 Silva, min.24; 1-1 Tato, min.62.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.