Perda do liderado para o Sanxenxo tras caer derrotado na casa do Caselas (2-1)
Por Redacción
Un gol de lanzamento de falta e no tempo de desconto condenou o Xuventú Sanxenxo á derrota na súa visita ao Caselas (1-1).
Os amarelos non tiveron o seu día de cara á portaría rival e esa falta de contundencia pasoulles factura.
O Caselas, necesitado de puntos, adiantouse xa na primeira metade por medio de Telmo, pero o Sanxenxo non se deu por vencido empatando no tramo final do encontro grazas a un gol de Diego Blanco, un empate que parecía definitivo ata a aparición de José Ángel na prolongación.
Esta derrota supón a perda do liderado para o Sanxenxo, que sen embargo se mantén na zona de ascenso directo, segundo, con dous puntos de vantaxe sobre o terceiro da táboa, o Ourense B.
CASELAS FC (2): Gabriel, Lino, Koeman, Telmo, Cuco, Charli, Manu, Berto, Hugo, Souto (Cousido, min.64), Rafa (José Ángel, min.70).
XUVENTÿ SANXENXO (1): José, Fonso, Minso, Tinaia, Deivi (Muradás, min.72), Darío, Hugo (Fernando, min.69), Cerqueiras, Róber (Diego Blanco, min.61), Cuchi, Nel.
Árbitro: Quintas Lorenzo (Ourense). Amoestou aos locais Charli, Koeman, Cousido e José Ángel e aos visitantes Cerqueiras, Darío e Nel.
Goles: 1-0 Telmo, min.20; 1-1 Diego Blanco, min.75; 2-1 José Ángel, min.92.
Incidencias: Partido disputado no campo da Gándara, Salceda de Caselas.