A falta de puntaría do Villalonga provoca a repartición de puntos no Grove (1-1)
Por Redacción
O Villalonga deixou escapar dous importantes puntos na súa visita ao Monte da Vila do Grove (1-1) en boa medida pola súa falta de acerto de cara ao gol.
Os celestes, que xogaron coa súa segunda equipación, marraron varias ocasións claras, sobre todo na segunda metade.
Antes o conxunto local adiantárase no marcador pouco antes do descanso grazas a Pénjamo.
Os de Julián Ferreiro lograron poñer as táboas pouco despois da reanudación cun gol de Antonio, pero a pesar do esforzo realizado, non puideron volver bater a Andro.
O empate non soluciona os problemas de ningún dos dous conxuntos, xa que deixa ao Unión Grove no penúltimo posto con 14 puntos, mentres o Villalonga cae á quinta praza con 28 a tres do segundo clasificado.
USD O GROVE (1): Andro, Ameixeiro, Sáez, Pichi (Muelles, min.91), Corrales, Martín, Pénjamo (Mateo, min.80), Piñeiro, Javi (Róber, min.61), Rodri, Gabriel (Jandro, min.75).
VILLALONGA FC (1): Albor, Manu, Gabri, Leo, Cuqui, Arias, Antonio (Héctor, min.85), Rego (Giao, min.65), Juanito, Saúl, Jorge Fernández.
Árbitro: García Martín (Santiago). Amoestou aos locais Pichi, Martín, Andro, Sáez e Ameixeiro e aos visitantes Saúl, Arias, Manu e Albor.
Goles: 1-0 Pénjamo, min38; 1-1 Antonio, min.50.
Incidencias: Partido disputado no Monte da Vila do Grove.