O Arosa vence (2-1) e pon fin a unha traxectoria de nove xornadas sen perder do CD As Pontes
Por Redacción
Dende que caese en Pasarón o 13 de outubro, nove xornadas sen perder levaba o equipo que dirixe Manolo García, pero o Arosa soubo cortar esa traxectoria alzándose co triunfo nun partido emocionante e igualado, aínda que con non demasiadas ocasións de gol, que rematou resolvéndose en accións a balón parado, xa que os tres goles chegaron tras lanzamentos de saques de esquina.
Adiantouse o equipo de Piscis mediado o primeiro tempo cando Pablo Pillado engancha un remate coa perna irquierda, á saída dun corner, que dá en Aitor Díaz, contribuíndo a impedir que o porteiro Kiko puidese atallar o balón.
Pouco antes do descanso Esmorís empataba para os coruñeses, tamén aproveitando un lanzamento de esquina que rematou libre de marca dentro da área arlequinada.
E o tanto da vitoria viría tamén nun lanzamento dende a esquina. Cando se levaba preto dunha hora de xogo Pablo Pillado puxo en balón no primeiro pau, para que Nando, tras prolongar un compañeiro, marcase dende o interior da área de meta.
AROSA S.C. (2): Jorge Pérez; Juanjo, Álex Freire, Martín, Alfonso, Munín, Jonathan, Nando, Pablo Pillado, Eloy (Santi, min. 91) e Ramón (Quique Cubas, min. 50).
C.D. ÁS PONTES (1): Kiko; Rochela, Pablo López, Aitor Díaz, Fidi, Nano, Iván González (Álex, min. 76), Esmorís (David Amado, min. 64), Sergio Arias, Chicho (Dani, min. 89) e Pablo Domínguez.
Árbitro: Goyanes López (Santiago). Amoestou a Jorge Pérez, Martín e Pablo Pillado, polo Arosa, e a Nano e Aitor Díaz, polo conxunto visitante.
Goles: (1-0) Minuto 25: Pablo Pillado. (1-1) Minuto 42: Esmorís. (2-1) Minuto 58: Nando.
Incidencias: Campo Municipal da Lomba (Vilagarcía de Arousa). Uns 800 espectadores.