Empate a nada entre Arosa e UD Ourense na Lomba (0-0)
Por Redacción
Repartición de puntos entre o Arosa e o Ourense nunha tarde de fútbol na que as ocasións de gol brillaron pola súa ausencia. Tentouno con máis ganas o conxunto local, que puido anotar o tanto da vitoria nos minutos finais pero Brais, o gardameta visitante, logrou evitalo.
Comezou o encontro cun intercambio de golpes entre ambos os conxuntos que ambos os porteiros lograron neutralizar sen grandes apuros.
Co paso dos minutos, a condición de local do Arosa fixo que o peso do encontro recaese sobre eles. Puido inaugurar o marcador Borja Míguez á media hora de xogo, pero non estivo acertado.
Xa no segundo tempo, o ritmo de partido decaeu polos cambios e un terreo de xogo cada vez máis pesado. Aínda así, seguiron sendo os de Luisito os que buscaban o triunfo con máis ganas.
A balón parado puideron abrir o marcador os locais, que xeraban perigo en cada balón lateral anzado á área. Pero a seguridade de Brais baixo paus frustrou cada unha das acometidas e obrigou aos arousáns para conformarse cun punto.
Relacionadas:
-
Vitoria pola mínima do Arosa en casa dun Paiosaco peleón (0-1)
Por Redacción |
-
Martín Sánchez culmina a remontada do Arosa contra o Barco (2-1)
Por Redacción |
-
Empate agridoce na Lomba entre Arosa e Villalbés (1-1)
Por Redacción |
-
A canteira do Arosa xogará en Valdebebas contra o Real Madrid
Por Redacción |
-
Remontada e triunfo de ouro para o Arosa contra o Somozas (3-4)
Por Redacción |
-
O Arosa sentencia o Arteixo (3-1)
Por Redacción |
-
Repartición de puntos na Grela entre Silva e Arosa (1-1)
Por Redacción |