Resísteselle a vitoria ao Marín Futsal, que cae contra o Alcantarilla (4-1)
Por Redacción
O Marín Futsal segue sen levantar cabeza na liga. as galegas afrontaban coa moral polo teito a visita ás murcianas do Alcantarilla tras a vitoria na primeira volta da Copa da Raíña. Con todo, o conxunto de Ramiro Díaz sufriu unha clara derrota por catro goles a un.
A pesar da boa actuación dos visitantes na primeira metade, na que dispuxeron de varias ocasións de gol, acudiron aos vestiarios coa conta anotadora a cero.
Na segunda metade, as marinenses acusaron o cansazo do longo percorrido e, xa co marcador en contra, arriscaron para recortar a diferenza que aproveitou o rival para conseguir un triunfo.
As marinenses xa pensan no próximo duelo na Raña, no que buscarán pechar o ano cunha vitoria necesaria para manterse na zona tranquila da táboa.
Relacionadas:
-
O Marín Futsal pon fin á súa mala serie cunha agónica vitoria contra o Teldeportivo na Raña (4-3)
Por Cristina Saiz & Almu Dapena |
-
O Marín Futsal despide o ano na Raña contra o Teldeportivo e o Poio Pescamar viaxa a Melilla
Por Redacción |
-
O Marín Futsal e o Poio Pescamar, entre os equipos femininos de alta competición incluídos no plan de patrocinio da Xunta contra a violencia de xénero
Por Redacción |
-
Pase con sufrimento do Marín Futsal á fase final da Copa da Raíña (3-6)
Por Redacción |
-
Un Marín Futsal negado ante o gol cae contra o Amarelle no derbi galego (0-2)
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Móstoles castiga a un Marín sen ideas (7-2)
Por Redacción |